Predición do vento asociado á chegada de Gisele para o mércores a primeira hora. Fonte: Windy.com.
Predición do vento asociado á chegada de Gisele para o mércores a primeira hora. Fonte: Windy.com.

Chega a borrasca Gisele, “máis explosiva” ca Félix

Dous días despois do paso da borrasca Félix, un novo temporal achégase a Galicia. Seguindo a orde que marca a lista establecida desde este ano polos organismos meteorolóxicos de España, Francia e Portugal, Gisele aparece xa nos mapas dos satélites.

Gisele vai ser unha borrasca “máis explosiva” ca Félix, explica Juan Taboada, de MeteoGalicia. Mentres que o temporal da pasada fin de semana estivo case tres días afectando a Galicia, o paso de Félix vai ser moito máis rápido. E aínda que tamén é moi potente, pasará máis lonxe de Galicia.


Predición do paso de Gisele para as vindeiras horas. Fonte: Windy.com

Con todo, Gisele provocará que se active o aviso laranxa por vento na totalidade das provincias da Coruña e Pontevedra, na Mariña de Lugo e no sur e a montaña de Ourense debido a refachos que poderían superar os 100 quilómetros por hora. “Esperamos que haxa máis de 100 km/h en bastantes estacións”, adianta Taboada.

Os momentos máis complicados con Gisele serán nesta madrugada e na mañá do mércores. Hai aviso amarelo por precipitacións en todo o oeste do país e na montaña de Ourense, no rango que vai desde as 6 da madrugada ata a medianoite do xoves. xa que poderían rexistrarse ata 15 litros por metro cadrado só nunha hora e acumulados de 40 l/m2 en 12 horas no sur da comunidade.

No mar, segundo explica Juan Taboada, non se chegará ao nivel vermello que provocou a chegada de Félix, “debido ao vento acumulado que acabou provocando unha situación de mar combinado”, pero si haberá nivel laranxa por ondas que poderían superar os seis metros desde Bares ata cabo Silleiro. O risco polas ondas manterase ata a noite do xoves, xa que os restos de Gisele seguirán xerando inestabilidade no mar durante máis tempo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.