Venres 19 Abril 2024

GCiencia renova co principal plan estatal de divulgación

Por terceira convocatoria consecutiva, GCiencia participará no principal plan estatal de divulgación cientifica. O portal da ciencia galega renovou o aval da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), do Ministerio de Economía, Industria y Competitividad, para sumarse ao seu programa de cultura científica, tecnolóxica e da innovación, o máis importante que se desenvolve en España, e no que esta vez será o único medio de comunicación seleccionado.

Ao longo do que resta de 2017, GCiencia relanzará dous proxectos emprendidos en 2014, como son as series Ciencia en Vivo e Innovar para Emprender, aos que sumará un terceiro que se dará a coñecer proximamente. Con esas tres propostas, o dixital galego logrou unha valoración de 81 puntos sobre 100 polo comité de expertos da fundación estatal. Destaca a puntuación outorgada á a definición de obxectivos e calidade do proxecto (14 sobre 15), o grao de innovación e relevancia científico-técnica da proposta (9 de 10) e a experiencia do equipo que a levará a cabo (8 de 10).

Publicidade

GCiencia obtivo de novo unha alta puntuación polos avaliadores da FECYT

Aberta noutras edicións a medios como El País, a axencia Efe ou televisións autonómicas, a convocatoria conta nesta ocasión con GCiencia como único medio informativo que participa no plan, a través da súa empresa editora, Ciencia Galega Industrias Creativas S.L. A Fecyt avalará tamén indirectamente outro proxecto xornalístico, o programa Eferversciencia, organizado desde a Universidade de Santiago de Compostela. Este programa, dirixido por Manuel Vicente, difúndese tamén a través de GCiencia mediante un acordo de colaboración.

A maioría das institucións que participarán no plan de divulgación científica son unversidades e organismos públicos. En Galicia as tres universidades contan con proxectos avalados pola Fecyt, que tamén incluíu no seu plan actuacións municipais propostas por concellos como A Coruña ou Pontevedra.

GCiencia desenvolverá en virtude desta convocatoria un plan de contidos audiovisuais denominado Ciencia en Vivo, que cumpre a súa terceira edición. A súa filosofía é a de divulgar en todo o mundo a ciencia e a investigación feitas en Galicia. Para iso, realizaranse dez pezas audiovisuais, todas elas trilingües (galego, castelán e inglés) que se publicarán na propia web, nas que se buscará achegar a actividade investigadora á sociedade.

Outra sección análoga que se reedita é I+E (Innovar para Emprender), con 20 reportaxes ao longo do ano adicados a divulgar exemplos de empresas que alcanzaron o éxito comercial a través da innovación en Galicia. Desde unha perspectiva humana, os relatos xornalísticos, tamén trilingües, contarán as historias de compañías galegas que, grazas á súa aposta pola ciencia e pola economía do coñecemento, e en particular mediante programas de innovación implantados co apoio das Administracións central e autonómica, están a triunfar no ámbito internacional e desafiando á crise. I+E conta co apoio da Axencia Galega de Innovación (Gain), da Xunta de Galicia.

Dúas seccións audiovisuais e unha de reportaxes trilingües conforman a programación

GCiencia é un portal de ciencia editado por Ciencia Galega Industrias Creativas S.L. e creado en 2013 por un equipo de profesionais da información co obxectivo de divulgar a investigación científica de Galicia. Ao longo da súa traxectoria, gciencia.gal consolidouse como o medio dixital máis lido de Galicia, con máis de 200.000 visitas mensuais, e o que aglutinou a maior comunidade de seguidores nas redes sociais, cunha comunidade de máis de 50.000 persoas. Na actualidade é GCiencia converteuse polo seu tráfico no oitavo medio dixital de Galicia e primeiro nativo na internet, ademais da 15ª páxina web máis popular en galego.

GCiencia foi distinguido como proxecto Iprox do Colexio de Xornalistas en 2013, co Premio de Xornalismo Dixital do Foro da Comunicación de Galicia en 2015 e como nomeado ao Premio do Público da feira Culturgal da cultura galega neste 2017. Ciencia Galega Industrias Creativas organiza outras actividades como os Premios Galicia Spin-Off,  patrocinado polo Banco Pastor, ou o universitario de comunicación científica Contar a Ciencia da Real Academia Galega de Ciencias, no que colaboran a Fundación La Caixa e a Secretaría Xeral de Universidades da Xunta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo reivindica no Día Mundial da Auga a importancia do seu acceso universal

A universidade impulsa a concienciación través dunha serie de pódcast con nenos e nenas e dun concurso escolar de microrrelatos
00:03:09

As patacas teñen lingua propia: o vídeo dunha galega finalista nun certame de divulgación

A investigadora da Misión Biolóxica de Galicia Lucía Martín Cacheda presenta unha peza audiovidual sobre a comunicación química das plantas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC
00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural