Sábado 20 Abril 2024

GCiencia renova o seu boletín con contidos especiais para os seus subscritores

Os seguidores recibirán de balde un resumo das noticias máis destacadas da semana e contidos extra no seu enderezo de correo electrónico

O boletín de GCiencia, que na actualidade conta con preto dun millar de subscritores, dá un paso máis para achegarse aos lectores do portal. A partir desta semana, e ademais do envío diario coas noticias do portal, GCiencia ofrecerá de balde un resumo semanal dos seus contidos máis destacados. Neste boletín poderase acceder tamén a material adicional, alén do xa publicado na páxina nos seus textos diarios.

A idea xorde para dar resposta ás novas necesidades dos lectores e lectoras dos medios de comunicación dixitais, que demandan contidos cada vez máis adaptados aos seus intereses e inquedanzas. Así, con este novo boletín, o público de GCiencia, interesado pola investigación científica que se fai no país, mais tamén polas moitas implicacións que a ciencia ten conxunto da sociedade a nivel global, poderá gozar de contidos que esperten o seu interese todas as semanas.

Publicidade

Se queres recibir o novo boletín de GCiencia, suscríbete cun sinxelo paso nesta ligazón.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Desmontando Mitos en catro minutos, o novo pódcast da colaboración de Gciencia coa Fecyt

O xornal da ciencia estrea este sábado a cuarta temporada da serie creada para combater falsas crenzas
00:05:26

Gciencia fai 10 anos

O portal da ciencia culmina dez días de celebracións polo seu décimo aniversario

Máis xornalismo e máis divulgación

Editorial de Gciencia polo seu décimo aniversario