Porta do Sol e rúa do Príncipe, en Vigo. Imaxe: Wikimedia Commons.

Estas son as novidades que viviremos en Galicia na fase 2

A nova desescalada leva á eliminación das franxas horarias, a ampliación do número de persoas que se poden reunir, visitas a familiares e apertura de praias

Galicia entra na Fase 2 da desescalada, que chega acompañada de importantes novidades na circulación das persoas e nas actividades económicas e sociais. Trátase dun novo paso cara á chamada “nova normalidade” con máis apertura nas medidas de confinamento.

Entre as principais medidas que recolle a Fase 2 da desescalada está a eliminación das franxas horarias, a ampliación do número de persoas que poden reunirse, a visita a familiares en residencias ou a apertura de praias e piscinas.

SEN FRANXAS HORARIAS, EXCEPTO PARA MAIORES
A fase 2 amplía os horarios para pasear ou facer deporte. Poderanse realizar a calquera hora do día, excepto nas franxas reservadas para maiores e persoas vulnerables. Isto é de 10.00 a 12.00 e de 19.00 a 20.00 horas, aínda que as Comunidades Autónomas e concellos poderán modificar estes horarios.

REUNIÓNS DE ATA 15 PERSOAS
Nesta fase 2 tamén se modifica o número de persoas que poden reunirse e que se amplía ata 15. En calquera caso, deben ser respectadas as medidas de seguridade e hixiene establecidas.

VISITAS A FAMILIARES EN RESIDENCIAS
O Goberno permite ás comunidades autónomas autorizar as visitas dun familiar na fase 2 sempre que as residencias non teñan casos de Covid-19 confirmados ou haxa residentes en corentena. Deberase concertar cita e só poderá acudir unha persoa por residente.

BARES E RESTAURANTES
Na fase 2, a partir do 25 de maio, permitirase o consumo dentro dos locais con servizo de mesa e sempre sentados. Non se poderá estar nas barras dos bares.

APERTURA DE PRAIAS E PISCINAS
A apertura das piscinas recreativas chega na fase 2. Poderanse abrir ao público con cita previa e un aforo máximo do 30% ou o que permita cumprir coa distancia de seguridade. Organizaranse, ademais, horarios por quendas. A limpeza debe levarse a cabo, polo menos, tres veces ao día e non se poderá facer uso das duchas dos vestiarios.

Ademais, permítese o baño recreativo nas praias. Ata o de agora, só estaban permitidos nos areais a práctica de deporte e os paseos.

CENTROS COMERCIAIS
Os centros comerciais tamén reabren. Iso si, co seu aforo ao 40% e establecendo horarios preferentes para as persoas maiores. Non se poderá permanecer nas habituais zonas comúns e áreas recreativas destes centros.

HOTEIS
Abriranse xa as zonas comúns dos hoteis con limitación dun terzo do aforo, excepto Nas áreas de hostalería do propio hotel, que seguirán as normas para os restaurantes. O hotel deberá estar na provincia de residencia.

CINEMAS E TEATROS
Os cinemas e os teatros reabren cun terzo do seu aforo e butacas preasignadas. Si son lugares pechados, non se poderán reunir máis de 50 persoas. Tamén se empezarán a permitir as visitas a monumentos.

CELEBRACIÓN DE VODAS CON CONVIDADOS
As vodas xa poderán contar con invitados sempre que se utilice a metade do aforo. En espazos ao aire libre non poderá haber máis 100 invitados; en espazos pechados, o límite fíxase en 50. Un recordatorio importante: opera a limitación para ir a outras provincias.

LUGARES DE CULTO
Nos lugares de culto, como igrexas e mesquitas, o aforo pasa do 30 ao 50%.

VELORIOS, ENTERROS E CREMACIÓNS
O límite no número de asistentes a velorios, enterros e cremacións sobe ata as 25 persoas en espazos ao aire libre e de 15 si son cerrados.

ACADEMIAS E AUTOESCOLAS
A fase 2 recolle a apertura dos centros educativos e de formación extraescolares. Inclúense de xeito específico no plan do Goberno as academias e as autoescolas.

XIMNASIOS E CENTROS DEPORTIVOS
Na fase 2 ábrense as instalacións deportivas cubertas e as piscinas, ambas as dúas a un 30% do aforo e con cita previa. Permítese o uso dos vestiarios e só é posible adestrar de forma individual ou en parellas si o deporte non esixe contacto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.