Estas son as 11 medidas e 3 recomendacións aprobadas por Sanidad

Peche de bares de copas e discotecas, prohibición de fumar en espazos públicos e restricións da vida social

A céntrica rúa Comercio, en Noia (A Coruña).

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, anunciou este venres en rolda de prensa estas 11 medidas e 3 recomendacións que entran en vigor tras unha reunión extraordinaria coas comunidades autónomas, no marco do Consello Interritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), para abordar a evolución da pandemia do coronavirus.

11 medidas:

– Adóptase o peche de discotecas, salas de baile e bares de copas con e sen actuacións musicais en directo.

– Os establecementos, locais e terrazas deben garantir a distancia interpersoal mínima de 1,5 metros no servizo en barra.

– Débese garantir unha distancia mínima entre mesas ou agrupacións de mesas de 1,5 metros, cun máximo de 10 persoas.

– O horario de peche de bares e restaurantes será á 1.00 da madrugada con imposibilidade de aceptar novos clientes a partir das 00.00 horas.

– Prohíbese fumar na vía pública ou en espazos ao aire libre cando non se poida respectar unha distancia de dous metros. Será aplicable tamén para dispositivos de inhalación de tabaco, pipas de auga, cachimbas…

– Débense realizar probas PCR a todos os novos ingresos nos centros sociosanitarios de carácter residencial, con 72 horas de antelación como máximo. Tamén aos novos empregados e a aqueles que regresen de permisos e vacacións.

– Limítanse as visitas a unha por persoa residente extremando as medidas de prevención e cunha duración máxima dunha hora ao día. Poderíanse exceptuar no caso de pacientes no final das súas vidas.

– Limítanse ao máximo as saídas de residentes en centros sociosanitarios.

– Nos eventos multitudinarios deberase realizar unha avaliación do risco por parte da autoridade sanitaria. Cada evento deberá contar coa autorización da comunidade autónoma.

– Establécese a obriga de facer cribados con PCR a grupos específicos no caso de que haxa un brote epidémico. Por exemplo en centros sociosanitarios, en barrios, en centros educativos se fose o caso…

– Reforzaranse os controis para impedir o consumo de alcol non autorizado e outras actividades non permitidas na vía pública.

3 recomendacións:

– Aconséllase que se limiten os encontros sociais aos grupos de convivencia estable.

– Tamén que eses encontros non sexan de máis de 10 persoas.

– En centros sociais e residencias recoméndase facer PCR de forma periódica para asegurar que non hai ningún traballador con positivo.

Sanidad pecha as discotecas e bares de copas en toda España

1 comentario

  1. Dejad de ir vosotros de vacaciones y solucionar los problemas de los mas vulnerables y mirad por la educacion y la sanidad de este pais

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.