Xoves 28 Marzo 2024

España rexistra 769 mortos en 24 horas por coronavirus e suma 4.858

4.165 pacientes están ingresados na UCI mentres que medra o número de persoas curadas ata chegar a 9.357

España rexistra xa 4.858 mortos por coronavirus, 769 máis que este xoves, e suma 64.059 contaxiados, dos que 4.165 están ingresados na UCI e 9.357 foron declarados curados. Así son os datos publicados este venres polo Ministerio de Sanidade, que amosan que a gráfica da epidemia segue a repuntar. O incremento porcentual do número de falecidos nas últimas 24 horas foi do 17,4 por cento.

Estados Unidos converteuse este xoves no país con máis contaxiados de coronavirus do mundo. Xa son máis de 85.000, segundo o reconto actualizado da Universidade Johns Hopkins, e supera a China, que conta con 81.782 positivos e que anunciou onte que pecha as súas fronteiras.

Publicidade

O secretario xeral de Nacións Unidas, António Guterres, pediu aos países do G20 un “plan de guerra coordinado” para frear a pandemia.

Italia, pola súa banda, rexistrou onte 662 mortos con coronavirus, 21 menos que o mércores, e a cifra total de falecidos elévase a 8.165, mentres que hai 80.539 positivos e 10.361 recuperados.

Irán, outro dos primeiros países afectados inicialmente pola pandemia, anunciou este venres 144 novas mortes relacionadas co coronavirus, elevando o número total a 2.378 falecidos no país.

O mapa do coronavirus en Galicia: casos en preto de 100 concellos

A pandemia do novo coronavirus orixinado na cidade de Wuhan, na provincia de Hubei, no centro de China, superou a cifra dos 530.000 contaxiados e causou a morte a máis de 24.000 persoas en todo o mundo, con Estados Unidos sumando nun só día 18.100 casos, o que supón o récord de contaxios superando a peor cifra rexistrada por China en febreiro, cando estaba na peor fase do abrocho.

Segundo o balance global actualizado este venres ás 8.00 pola Universidade Johns Hopkins, a pandemia do novo coronavirus estendeuse por 176 países e territorios, deixando un total de 533.416 persoas contaxiadas e 24.082 vítimas mortais.

O número de persoas que conseguiron curarse de Covid-19, a enfermidade xerada polo coronavirus, ascende a 122.710, a maioría delas en China (74.180). Os catro países máis afectados pola pandemia (Estados Unidos, China, Italia e España) suman máis de 306.000 casos, o que representa máis da metade do total de persoas contaxiadas co virus en todo o mundo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Tes gripe ou covid? Estas son as diferenzas

A inmunóloga África González admite que teñen síntomas moi similares pero que se distinguen polo tempo de incubación e a estacionalidade