Xoves 25 Abril 2024

510 novas mortes por coronavirus en España

É a menor cifra de falecidos dende o 23 de marzo

A cifra diaria de mortes por coronavirus en España segue a baixar e situouse en 510 falecementos nas últimas 24 horas, a cifra máis baixa dende o pasado 23 de marzo, cando foron 462. Os casos confirmados ascenden a 161.852 e os mortos son 16.353, mentres que case 60.000 pacientes recibiron a alta. O Goberno decretou a prórroga por outros 14 días dos controis nas fronteiras terrestres con Francia e Portugal no marco das medidas de contención da Covid-19.

A pandemia do coronavirus xa segou a vida de máis de 100.000 persoas no mundo e ten superado os 1,6 millóns de contaxios. Así son as cifras, actualizadas polo centro de datos da Universidade Johns Hopkins.

Publicidade

Curva acumulada de positivos por coronavirus en España. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Son 102.126 mortos, segundo os datos do venres pola noite (hora da costa Este dos EUA) e 1,68 millóns de contaxiados nun total de 185 países. Estados Unidos colocouse á cabeza da pandemia e concentra case un de cada tres contaxiados pola Covid-19, un total de 501.615 casos confirmados, pero a incidencia en termos de poboación queda moi lonxe de España ou Italia. Os EUA sofren 141 contaxiados por cada 100.000 habitantes, mentres que España, cun total de 157.053 infectados, lidera a cociente con 327. Italia acumula 237 por cada 100.000 habitantes.

O Reino Unido aínda non alcanzou o pico de contaxios, asegurou este sábado o ministro de Sanidade, Matt Hancock. O país rexistrou preto de 9.000 falecidos, con 980 novas vítimas mortais confirmadas o venres.

Galicia rexistra outras 13 novas mortes por coronavirus

China rexistra 46 novos casos de coronavirus, catro deles de transmisión local.  total de contagios no país suma 81.953 e as vítimas mortais son 3.339, con tres novos falecidos nas últimas 24 horas. México informou de 3.844 casos de contaxio no seu territorio e de 233 mortes. As autoridades sanitarias da Arxentina informaron de 82 vítimas mortais e os casos confirmados ascenden a 1.975.

Mapa de positivos por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Tes gripe ou covid? Estas son as diferenzas

A inmunóloga África González admite que teñen síntomas moi similares pero que se distinguen polo tempo de incubación e a estacionalidade