Xoves 18 Abril 2024

Dúas novas mortes en Galicia mentres baixan os positivos por coronavirus

O número de casos activos volve descender ata chegar aos 884, segundo informa a Consellería de Sanidade

Dúas novas mortes por coronavirus tinxen de loito a evolución favorable da epidemia en Galicia nas últimas 24 horas. Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, os falecidos son un home de 79 anos ingresado no CHUAC da Coruña e unha muller de 88 anos que permanecía no CHUO de Ourense. Os dous presentaban patoloxías previas.

O número de vítimas mortais do coronavirus en Galicia elévase así a 612, das que 480 foron en centros hospitalarios. Por áreas sanitarias, 128 producíronse na da Coruña, 102 na de Ourense, 92 na de Vigo, outras 86 na de Santiago, 30 na Ferrol, 26 na de Lugo (dúas delas en atención domiciliaria) e 16 na de Pontevedra.

Publicidade

A estas cifras hai que sumarlles as 132 persoas que morreron dentro das residencias de maiores da comunidade, onde non se notificaron novas vítimas desde hai dúas semanas (en concreto desde o 7 de maio).

Con todo, hai que ter en conta que, dentro do cómputo de falecidos en atención hospitalaria, hai 139 persoas que estaban vinculadas con residencias.

Evolución dos casos diagnosticados por PCR (verde escuro) en Galicia dende o inicio da pandemia.

Así, morreron con coronavirus en Galicia 271 persoas vinculadas con centros residenciais, o que supón o 44,3 por cento do total de falecidos con Covid-19 na comunidade.

Porén, a evolución da epidemia está a ser favorable nas últimas datas, cunha significativa baixa do número persoas afectadas pola Covid-19. A Consellería de Sanidade informou que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 884, deles 221 son da área da Coruña, 56 da de Lugo, 127 da de Ourense, 37 da de Pontevedra, 264 da área de Vigo, 151 da de Santiago, e 28 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 11 permanecen en UCI, 66 están en unidades de hospitalización e 807 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.684 persoas curadas.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña