Sábado 20 Abril 2024

Os vídeos dos tornados que provocaron graves destrozos na Pobra e Carnota

Un tornado rexistrado na mañá do mércores causou danos importantes nun bar e nun piñeiral da Praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal. Outro tornado no Pindo, provocou un ferido leve, segundo informou o servizo 112. O afectado refuxiouse no seu vehículo e non requeríu atención médica.

Na Pobra o tornado tomou terra ás 11:30 horas da mañá, e no Pindo algo máis tarde. O fenómeno, que comezou como unha manga mariña, chegou inmediatamente despois dunha forte granizada que chamou moito a atención por ser o pedrazo de gran tamaño. O tornado desprendeu tellas e galerías das vivendas na zona norte da vila. Tamén desprazou colectores e mesmo dobrou sinais de tráfico.

Publicidade

Ademais, segundo precisaron as mesmas fontes, arrincou unha ducia de piñeiros que estaban plantados nun piñeiral próximo ao areal. Meteogalicia mantén para hoxe xoves a alerta amarela por choiva e vento en toda Galicia.


DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha crista subtropical disparará as temperaturas en Galicia ata os 30 graos

A semana comeza con intensas precipitacións provocadas pola borrasca Pierrick pero un cinto de altas presións producirá un cambio radical de tempo a partir do mércores

Un tren de borrascas regará Galicia durante toda a semana

As precipitacións de principios de abril virán acompañadas dun importante ascenso térmico a partir do mércores