A pesar de situarse ao norte, a potencia de Dennis deixarase notar en Galicia. Fonte: MeteoGalicia.
A pesar de situarse ao norte, a potencia de Dennis deixarase notar en Galicia. Fonte: MeteoGalicia.

Os restos de Dennis provocan aviso amarelo por vento

Dúas potentes borrascas situadas preto de Islandia e Irlanda deixarán nas vindeiras horas ondas de máis de 5 metros e refachos de máis de 80km/h

Están bastante lonxe, pero son o bastante potentes como para que esta fin de semana notemos a súa influencia. Os restos da borrasca Dennis, que ten en alertas ás illas británicas, afectarán a Galicia en forma de ondas de máis de cinco metros, vento no mar de dirección sur de forza 7 e refachos fortes no norte das provincias da Coruña e Lugo, de máis de 80 km/h, que levarán a activar o aviso amarelo nestas zonas.

Nesta ocasión, tanto con Inés, xa debilitada, como con Dennis, Galicia librouse do impacto directo destes temporais, xa que se atopaban máis ao norte. Estas dúas borrascas viñeron precedidas de Ciara, que tamén provocou incidencias en Francia e Irlanda.

O impacto da borrasca en Galicia será importante sobre todo nas primeiras horas do sábado no mar, aínda que os refachos de vento comezarán a intensificarse no mediodía do sábado e prolongaranse ata a medianoite.

Na xornada do domingo, a Axencia Estatal de Meteoroloxía estende o aviso amarelo a toda a provincia da Coruña desde a medianoite por refachos superiores a 90 km/h. A partir da madrugada, toda a provincia de Lugo quedará tamén en nivel amarelo e, desde as 9 ata as 18 horas, haberá risco de refachos fortes no interior de Pontevedra. Ademais, as chuvias, aínda que non acadarán volumes importantes, serán frecuentes sobre todo no norte e oeste de Galicia ata o domingo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.