Xoves 25 Abril 2024

De Galicia a Moscú en 23 segundos

O astronauta británico Tim Peake vén de publicar este vídeo tomado dende o módulo Cúpula da Estacion Espacial Internacional (ISS). O seu chío foi titulado ‘From Spain over France to Moscow on a cloudy night’ (Dende España sobre Francia a Moscú nunha noite de nubes). O vídeo recolle a ISS en órbita, entrando dende o océano Atlántico á altura de Galicia, e percorrendo o golfo de Biscaia e Europa rumbo aos Urais.

O espectacular vídeo, cunha duración de 23 segundos, foi compartido o domingo polo astronauta británico na súa conta de Twitter, a través da Axencia Europea do Espazo (ESA).

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Volven as Líridas: como ver esta chuvia de estrelas dende Galicia

O fenómeno astronómico, que se poderá ver ata o xoves 25 de abril, será pouco visible a causa da lúa chea