Gráfico do número total de casos acumulados por CC.AA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Nova morte en Galicia onde só hai xa 3 pacientes de Covid-19 na UCI

O número total de decesos ascende así a 616 mentres que os casos activos quedan en 749

Un novo falecemento por Covid-19 tinxe de loito a estatística da pandemia do coronavirus en Galicia, despois dunha serie de tres días seguidos sen que se rexistrase ningunha morte.

O número de enfermos por coronavirus que permanecen nas UCI dos hospitais reduciuse nas últimas 24 horas ao pasar de cinco onte a só tres este sábado. Mentres, un novo falecido elevou o total a 616 tras tres xornadas consecutivas sen alteracións.

Así o confirmou a Consellería de Sanidade por medio do seu balance estatístico diario, no que desagregou a distribución por áreas sanitarias da seguinte forma: 170 concéntranse na área da Coruña, 44 na de Lugo, 82 na de Ourense, 29 na de Pontevedra, 269 na de Vigo, 136 na de Santiago e 19 na de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 3 permanecen en UCI, 36 están en unidades de hospitalización e 710 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.936 persoas curadas, rexistrándose 615 falecementos.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.