Venres 29 Marzo 2024

A Xunta non restrinxe ‘polo momento’ a mobilidade na Coruña

O presidente da Xunta anuncia que se manteñen as restricións na área sanitaria e que pechar a área sanitaria pode decidirse nos vindeiros días

A Xunta de Galicia non restrinxirá a mobilidade na área sanitaria da Coruña tras o forte incremento de positivos por coronavirus rexitrado nas últimas datas. No entanto, non se descarta tomar esta medida ‘nos vindeiros días’ se continúa a agravarse a situación.

O presidente Alberto Núñez Feijoo compareceu para explicar a situación da área coruñesa, que xa acumula máis da metade dos positivo en Galicia: “Dectetouse un incremento brusco entre o 6 e o 8 de agosto de contaxios na área de A Coruña. O 80 % deses contaxios son en menores de 60 anos. A taxa mais elevada é nos 20-40 anos. Esta mesma situación reprodúcese nos hospitais. A media de idade está en 56 anos na Coruña. Varios ingresos de menores de 30 e 9 menores de 50. Hai un cambio de tendencia na idade onde se producen contaxios e os ingresos. Neste caso a taxa de incidencia é máis elevada e prodúcese de 20 a 40 anos, incluso dende o punto de vista de ingresos hospitalarios”, explicou.

Publicidade

Aínda que non se restrinxe aínda a mobilidade na área coruñesa, o presidente anunciou que se manteñen as restricións xa impostas hai unha semana, como o peche do ocio nocturno, a prohibición de reunións de máis de dez persoas ou a limitación de visitas a residencias ou a cancelación de festas e actos públicos. Agora, as medidas engadirán tamén restrinxir as visitas de familiares nos centros hospitalarios da área sanitaria coruñesa.

Como importante novidade, Feijoo anunciou que o comité de expertos recomenda prohibir fumar na rúa e espazos abertos: “o fume do tabaco e un factor de transmisión do coronavirus”, dixo.

Outras medidas anunciadas polo presidente da Xunta están incrementar de xeito moi importante o número de PCR e a posibilidade de facer cribados aleatorios entre menores de 40 anos. Tamén estudan ampliar en Galicia a outros concellos a limitación do lecer nocturno.

Os casos de coronavirus avanzan en Galicia, con 110 novos activos nas últimas 24 horas, un forte incremento que eleva a cifra actual a 827 persoas, das que a meirande parte están na área sanitaria da Coruña, con 463

Nos últimos cinco días, Sanidade suma 481 novos positivos. Para atopar un nivel similar, deberíamos viaxar ata o 26 de maio, cando o país se atopaba en Fase 2

Un dos datos máis preocupantes da área sanitaria da Coruña-Cee radica na subida no número de hospitalizados que pasou en só un día de 20 a 28. Unha cifra que supón case o 80 % dos ingresados en centros de toda a comunidade.

Ademais, hai 116 casos na área de Vigo (oito máis); 84 en Lugo (catro máis); 54 en Ourense (cinco máis); 45 en Pontevedra (estable); 45 en Santiago (catro máis) e 20 en Ferrol (nove máis).

A Xunta comunica este mércores unha nova vítima mortal que xa aparecía onte nos datos do Ministerio de Sanidade. Trátase dunha muller de 89 anos de área sanitaria da Coruña. En total, perderon a vida 622 persoas desde o inicio da pandemia. As unidades de coidados intensivos tamén teñen un novo ingresado e en total son tres os pacientes na uci.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.