Casos de Covid-19 por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

O número de mortes baixa a 164 en España en 24 horas

O dato é o máis baixo desde o 18 de marzo, aínda que hai que ter cautela polo efecto da fin de semana

A cifra de falecidos nas últimas 24 horas en España por coronavirus descende ata 164. O dato é o máis baixo desde o 18 de marzo, aínda que hai que ter cautela polo efecto da fin de semana. Os contaxios diarios diagnosticados mediante un test PCR son 838 e os curados 1.247, para un total de 217.466 infectados e 118.902 recuperados

O coronavirus provocou máis de 243.000 decesos no mundo e máis de 3,4 millóns de infectados, segundo a Universidade Johns Hopkins.

Estados Unidos, en termos brutos, é o país máis golpeado pola pandemia, cun ritmo de crecemento situado de novo nos 30.000 casos diarios e xa por riba dos 1.122.000 positivos. O número de falecidos é de máis de 66.000; só na cidade de Nova York, as vítimas mortais cóntanse en 18.491.

Curva de casos acumulados en España. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Así, Estados Unidos é, con diferenza, o país máis afectado dos 187 nos que xa se detectaron casos de covid-19, a enfermidade asociada ao virus que se orixinou en 2019 na cidade chinesa de Wuhan. España figura en segundo lugar en número de contaxiados, por diante de Italia, que conta 209.382 infectados

Canadá rexistra 223 mortos por coronavirus en 24 horas. O país sumou este sábado 223 falecementos pola enfermidade, co que a cifra total de vítimas mortais é de 3.446, segundo datos da Axencia Pública de Saúde.

O Goberno mexicano rexistrou 22.088 casos confirmados e suma este sábado 2.061 mortos por coronavirus. Perú, o segundo país máis afectado pola covid-19 en Latinoamérica, rexistrou 1.200 mortes e 42.534 casos positivos. O Ministerio de Saúde reportou que o país andino ten 5.098 pacientes hospitalizados dos que 671 atópanse en coidados intensivos.

A cifra de mortos en Alemaña é menor de cen e a de contaxiados menor de mil, segundo os datos que publica este domingo o Instituto de referencia Robert Koch. En total hai 162.496 casos positivos de coronavirus rexistrados e 793 máis que o día anterior. Nas últimas 24 horas, o instituto conta 74 novas mortes, o que significa que a cifra total de mortes ascende a 6.649 e a taxa de mortalidade a 4,1.

Sete novas mortes e 3.235 casos activos en Galicia, 37 na UCI

A cifra de falecidos por coronavirus en Francia ascende xa a 24.760 (166 novos decesos rexistrados nas últimas 24 horas),

Rusia reporta 10.633 novos casos. O total de contaxios confirmados ascende a 134.686, segundo informaron fontes oficiais. É o crecemento máis alto rexistrado nun día desde o inicio da pandemia. Con todo, a taxa de mortalidade é baixa: nas últimas 24 horas faleceron 58 persoas, elevando a cifra total de vítimas mortais a 1.280.

O Ministerio de Saúde de China anunciou este domingo que se rexistraron dous novos casos de coronavirus no país, un deles de transmisión local na provincia chinesa de Shanxi, e o outro procedente do estranxeiro en Shanghái. As autoridades informaron de que non se produciu ningunha morte por mor da covid-19, polo que o número de falecidos pola pandemia no país asiático está en 4.633, con 82.877 contaxios.

Casos de Covid-19 por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.