Martes 16 Abril 2024

A cifra de mortes estabilízase, con 276 en España en 24 horas

Xa son 25.100 as persoas que perderon a vida desde o inicio da pandemia

España rexistra 276 novos falecidos por coronavirus nas últimas 24 horas, polo que xa son 25.100 as persoas que perderon a vida desde o inicio da pandemia. Os contaxios diarios diagnosticados mediante un test PCR son 1.147 e os curados 2.570, para un total de 216.582 infectados e 117.248 recuperados.

A OMS advertiu este venres de que a pandemia está lonxe de terminar. O coronavirus provocou máis de 238.000 decesos no mundo e máis de 3,3 millóns de infectados, segundo a Universidade Johns Hopkins.

Publicidade

Estados Unidos lamentou este venres máis de 1.800 mortes por COVID-19, un saldo en leve baixa respecto ao xoves. Con estes 1.883 novos decesos, a pandemia cobrouse no país a vida de máis de 64.700 persoas nese país.

Curva de casos acumulados en España. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Francia baixa por primeira vez dos 4.000 casos graves de coronavirus. Pero a mortalidade por coronavirus segue aumentando no país galo e chega xa aos 24.594 decesos desde o comezo da crise, 218 nas últimas 24 horas.

Colombia alcanzou este venres a cifra de 7.006 contaxiados por coronavirus na súa peor xornada diaria, na que o Ministerio de Saúde confirmou 499 casos novos e 21 mortos, o que eleva o total de falecidos a 314.

Perú alcanza os 40.000 casos e supera os 1.000 mortos. O Ministerio de Saúde informou de 3.483 novos casos, que suman 40.459 e 1.124 falecidos, co que o país mantén o pico máis alto da epidemia, tal como indican diversos especialistas.

México superou os 20.000 contaxios pola covid-19 e achegouse ás 2.000 mortes tras unha xornada con 1.515 casos, o maior número para un só día, informaron este sábado as autoridades sanitarias do país.

151 novos casos en Galicia, a maior suba porcentual en España

Rusia confirma case 8.000 contaxios de coronavirus nun día, unha cifra récord. O centro nacional que coordina en Rusia a loita contra o coronavirus contabilizou nun só día 7.933 positivos, a maioría deles na cidade de Moscova (3.561) e na provincia homónima (797). San Petersburgo, a segunda maior cidade do país, rexistrou polo menos 349 nun día. A cifra total de infectados ascende xa ata os 114.431, mentres que a de falecidos alcanza os 1.169.

O Goberno indio confirmou este sábado o maior número de contaxios diarios de coronavirus desde a declaración da pandemia no país, un total de 2.293 infeccións, que elevan o total de contaxios a máis de 37.000, mentres xa se ten constancia de máis de 1.200 falecidos. Na India hai xa un total de 37.366 casos e 1.218 mortos, segundo o último balance do Ministerio de Saúde e Benestar Familiar, nun momento onde o país enteiro atópase baixo confinamento total. Ademais, a India obriga a todos os traballadores dende hoxe a instalar unha aplicación no seu teléfono móbil para estar permanentemente localizados polas autoridades sanitarias.

Casos de Covid-19 por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Tes gripe ou covid? Estas son as diferenzas

A inmunóloga África González admite que teñen síntomas moi similares pero que se distinguen polo tempo de incubación e a estacionalidade