Venres 29 Marzo 2024

Soben as mortes diarias por coronavirus, con 325 en 24 horas

Os curados nas últimas 24 horas son 6.399, a maior cifra desde o inicio da crise sanitaria

A cifra de mortos diarios con coronavirus sobe en España: hai 325 novas vítimas mortais, un aumento respecto ao dato do martes, cando se rexistraron 301. Os curados nas últimas 24 horas son 6.399, a maior cifra desde o inicio da crise sanitaria. Xa son 24.275 os falecidos desde o inicio da emerxencia sanitaria, segundo os datos ofrecidos hoxe polo Ministerio de Sanidade.

A pandemia provocou máis de 217.000 decesos no mundo, onde xa hai máis de 3,1 millóns de infectados, segundo a Universidade Johns Hopkins.

Publicidade

Italia rexistra 201.505 casos totais de coronavirus, cun aumento de 2.091 nas últimas 24 horas, o que supón un lixeiro repunte respecto a onte, nunha xornada na que descenderon de novo os positivos actuais. O número de mortos alcanza os 27.359, cun aumento diario de 382. En total desde o inicio da emerxencia están curadas xa 68.941 persoas no país trasalpino.

Curva de casos acumulados en España. Fonte: Ministerio de Sanidade.

O número de mortos por covid-19 rexistrados no Reino Unido disparouse tras coñecerse datos parciais sobre residencias de anciáns que suman polo menos 4.343 vítimas mortais á cifra de 21.678 falecidos en hospitais que actualiza cada día o Goberno británico.

Rusia confirma 5.841 novos casos de coronavirus nas últimas 24 horas, o que eleva o total a 99.399.

China rexistrou 22 novos casos da covid-19 nas últimas 24 horas, segundo datos oficiais. Só un respondeu a unha transmisión local, na provincia de Cantón, mentres que o resto foron importados. A estas cifras hai que sumar outros 26 casos asintomáticos. As cifras oficiais do virus elevan a 84.369 o número de casos totais ata a data, con 4.643 vítimas mortais (5,5%), 78.729 pacientes recuperados (93,3%) e 997 aínda activos (1,1%).

Galicia rexistra 90 novos positivos durante o luns

Arxentina confirma 124 novos casos de coronavirus, o que eleva a 4.127 as persoas contaxiadas en todo o país. Rexistráronse, ademais, 10 novas mortes. Os falecementos totais ascenden a 207.

Brasil viviu un novo récord de falecidos por coronavirus nun só día coas 474 mortes das últimas 24 horas. A cifra de vítimas mortais chega a 5.017 neste país.

O número de casos confirmados da covid-19 nos Estados Unidos superou este martes o millón, segundo o reconto da universidade John Hopkins. A cifra (1.008.066, na tarde do martes) supón case un terzo do total de casos confirmados en todo o mundo. Máis de 57.000 persoas faleceron no país coa enfermidade. Estados Unidos realizou 16,4 probas de diagnóstico por cada 100.000 habitantes, seis puntos por baixo de España, o segundo país con máis casos confirmados, e case sete puntos por baixo da media dos países da OCDE.

Casos de Covid-19 por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Tes gripe ou covid? Estas son as diferenzas

A inmunóloga África González admite que teñen síntomas moi similares pero que se distinguen polo tempo de incubación e a estacionalidade