Venres 19 Abril 2024

Comeza a vacinación dos profesores en Galicia por orde alfabética

A campaña coa vacina de AstraZeneca comeza este mércores e os docentes serán chamados no concello onde está o seu centro educativo

Todo o profesorado de Galicia, con idades menores de 55 anos, estarán vacinados a finais do vindeiro mes de marzo, segundo as previsións do Sergas, no plan de vacinación dos docentes presentado este martes pola Consellería de Sanidade. Os docentes de Galicia comezarán a ser vacinados este mércores 24 de febreiro, para o que se fará unha listaxe por orde alfabética, aínda que se primará as modalidades de ensino que impliquen unha relación máis estreita co alumnado.

A estratexia do Sergas é dar saída inmediata ás doses dispoñibles da vacina de ‘AstraZeneca’, segundo os parámetros fixados polo Consello Interterritorial de Saúde e a propia Xunta. O proceso, que abranguerá preto de 50.000 profesores e profesoras galegas, programará as citacións por orde alfabética.

Publicidade

Segundo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, coa inmunización dos grupos 4 (grandes dependentes) e 5 (maiores de 80 anos) xa avanzada, os hospitais galegos abrirán agora as súas portas a todos os docentes menores de 55 anos, que poderían quedar protexidos a finais do mes de marzo.

A decisión de citar aos docentes por orde alfabética busca evitar problemas nos centros educativos, dadas as citacións e as posibles reaccións ás vacinas, de xeito que se altere mínimamente o traballo nas aulas. Os profesores recibirán a chamada telefónica do hospital de cabeceira do municipio no que estean a dar clase, non do municipio no que residan. Ademais, deberán vacinarse no municipio no que imparten a docencia, non no municipio onde teñen o seu médico de cabeceira ou hospital de referencia.

Os docentes de máis de 55 anos terán que esperar á vacina de Pfizer ou Á de Moderna

Os docentes deberán acudir na data sinalada para a súa inmunización. O plan afectará a todos os profesores menores de 55 anos de Infantil, Primaria e Secundaria, incluíndo ao persoal das escolas infantís da Comunidade. Deste xeito, en Galicia empezarán a funcionar dúas liñas de vacinación: a dos maiores de 80 anos, que están a ser inoculados nos centros de saúde, e a do grupo 6, que será inmunizado en centros hospitalarios. “A prioridade é a xente maior, pero ante a carencia de vacinas dirixidas a eles é unha oportunidade para protexer xa a outros colectivos”, explicou Comesaña, quen aclarou que os profesores maiores de 55 anos serán vacinados en función das vacinas que se reciban de Pfizer, que son as que corresponden a este segmento de idade.

“Debemos poñer en valor que o elixan como un grupo prioritario nun momento no que non abundan as vacinas. Somos unha das primeiras comunidades en facelo”, afirmou o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, quen engadiu que “cada docente vacinado é un risco menos”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204