Os ceos despexados debidos ao anticiclón deste comezo de semana permitirán gozar esta tarde en Galicia dun novo paso da Estación Espacial Internacional. A nave, que dá 15 voltas cada día ao planeta Terra, cruzará hoxe o ceo sobre Galicia a partir das 19.25 horas.
Será un paso con moi boas condicións, debido a ausencia de nubes, á duración do avistamento (máis de seis minutos), e á proximidade con Galicia. Así, a Estación Espacial pasará case sobre a vertical da Coruña, a uns 400 quilómetros de altura. Por tanto, coa previsión de ceos despexados, será un bo momento para botar a vista ao ceo.
Actualmente, viaxan a bordo da ISS seis astronautas: os rusos Anton Shkaplerov e Alexander Misurkin, os estadounidenses Scott Tingle, Mark Vande Hei e Joe Acaba, e o xaponés Norishige Kanai.
Podes ver en directo imaxes desde a Estación Espacial nesta ligazón
puntual. 19.25 h
moitas grazas polo aviso
CET= Central European Time. Hora central europea, o sea, la nuestra. Por tanto, fue a la hora que pone el artículo.
No. Pasó a la hora que han dicho. Justo hace unos minutos. Vista desde Cambados.
Si no me equivoco será una hora más tarde, puesto que los horarios están en UTC