Xoves 28 Marzo 2024

Cantos casos novos de Covid-19 no teu concello? Consúltao aquí

Os surtos concentrados en municipios como A Pobra do Caramiñal ou O Grove, que levaron ao peche perimetral, manteñen a tendencia da 'chaira' na pandemia

Ao tempo que avanza a vacinación, nunha semana na que está previso inxectar a primeira dose a preto do 5,4% da poboación galega (145000 persoas), a incidencia dos novos casos de infeccións causadas polo SARS-CoV-2 segue tendo forma de chaira. Con 66,84 casos/100000 habitantes nos últimos 14 días e 31,9 na última semana, a comunidade galega segue aguantando no marco da lixeira repunta que se rexistra en España. Á súa vez, o territorio estatal (164,7 de IA a 14 días este martes) mantense, polo momento, lonxe dos rexistros da cuarta onda que viven países como Francia (798,2 casos/100000 habitantes nos últimos 14 días) ou Italia (460). Mais por riba dos países máis afectados na terceira onda, como Reino Unido (90,4) ou Portugal (54,1).

Con todo, e dentro da tendencia positiva, os surtos detectados nos últimos días nalgunhas áreas de Galicia levaron a Sanidade a establecer, por exemplo, o peche perimetral dos concellos do Grove e A Pobra do Caramiñal, e a situar en nivel medio ou alto a partir do venres outros 17 municipios. Mais como está a situación neste momento?

Publicidade

Segundo o exposto no mediodía do mércores polos responsables da consellería de Sanidade, continúanse detectando máis de 100 positivos diarios. A taxa de positividade mantense entre o 2 e o 3%. A cifra de casos activos segue por riba dos 2.200. Nos hospitais, despois dun constante descenso desde o cumio da terceira onda, o número de persoas ingresadas sitúase desde hai días na contorna das 200. Arredor de 30 delas permanecen na UCI.

En canto aos falecementos, este martes acadouse a cifra de 2360 falecementos, 19 deles na última semana.

Por concellos

Segundo destacou este mércores a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, a situación mantense por baixo dos 100 casos/100000 habitantes a 14 días en todas as áreas sanitarias. Vigo é, na actualidade, a área con peor situación, cunha incidencia de 95, e Ferrol, con 36. A sete días, en Pontevedra e Vigo achégase a incidencia a 50.

Con todo, Durán destacou que 189 dos 313 concellos galegos levan polo menos sete días sen novos casos. A 14 días, a cifra é de 142. Apenas 22 concellos suman máis de 10 casos na última semana, e 38 superan esta cifra a 14 días.

Ademais dos brotes detectados no Grove e A Pobra, con 26 e 29 casos nos últimos sete días, destacan as cifras de Boiro, con 18 casos detectados na última semana, e Culleredo e Cangas, con 17. Outros municipios cun aumento da incidencia na última semana son Culleredo, Carral, Vialagarcía de Arousa e Noia. Ademais, por mor da súa reducida poboación, destaca a incidencia acumulada no Irixo, Boimorto, A Pobra do Brollón, Rábade ou A Illa de Arousa, aínda que rexistran menos dunha decena de casos nos últimos días.

Así está o mapa:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.