O verán estréase con avisos amarelos por altas temperaturas na provincia de Ourense, onde se alcanzarán por riba dos 36 graos nas xornadas deste luns 22 e martes 23 de xuño. Para o luns, a alerta afectará á conca do río Miño, para estenderse o martes á zona de Valdeorras.
A entrada dunha masa de aire cálido facilitará esta suba xeralizada das temperaturas en Galicia, aínda que se espera unha baixa para as xornadas do mércores e o xoves, cando mesmo se poderán rexistrar choivas e treboadas en varios puntos do interior, xunto con brétemas na costa das Rías Baixas e na Mariña lucense.
Bos días! Unha masa de aire cálida deixará temperaturas elevadas en #Galicia🌡️por riba dos 30ºC en moitas comarcas nos vindeiros días🥵. Os ceos estarán despexados☀️con algunhas néboas🌫️no interior e algunha brétema no litoral sur das #RíasBaixas e #MariñaLuguesa. pic.twitter.com/wIOP7UNfi7
— MeteoGalicia (@MeteoGalicia) June 22, 2020
Meteogalicia achega estes consellos para os avisos por altas temperaturas:
• Pase polo menos dúas ou tres horas ao día nun lugar fresco.
• Refrésquese e molle o corpo varias veces ao día.
• Nenos e adultos: beban moita auga; anciáns: beban litro e
medio de auga ao día e coman normalmente.
• Evite saír nas horas de maior risco (11h -21h).
Aquí podes consultar o boletín de avisos meterolóxicos de Meteogalicia