Radar de MeteoGalicia no mediodía do luns.
Radar de MeteoGalicia no mediodía do luns.

Aviso por fortes tormentas en Galicia

As treboadas, con refachos intensos de vento e bastantes precipitacións, poden coincidir coas horas permitidas para o paseo e o deporte

Despois dunha fin de semana con temperaturas mesmo elevadas para a época do ano, por riba dos 30ºC en zonas do val do Miño en Ourense e Pontevedra, Galicia vivirá nas últimas horas do luns un episodio de fortes tormentas, que mesmo levaron ás axencias de meteoroloxía a lanzar avisos por fenómenos adversos. A presenza de aire cálido en superficie, en contacto con masas de aire frío en altura procedentes dunha borrasca situada no Atlántico desencadeará treboadas que mesmo poden xerar complicacións e riscos nas horas indicadas este serán para o paseo e o deporte, en aplicación das medidas actuais do estado de alarma debido á pandemia da Covid-19. MeteoGalicia informa dun aviso de nivel amarelo no leste da provincia de Lugo entre as 15 e as 21 horas do luns por tormentas que poden deixar chuvascos puntualmente fortes.

Pola súa parte, a Axencia Estatal de Meteoroloxía estende o nivel amarelo por refachos de vento de máis de 80km/h ás provincias de Pontevedra e A Coruña e leste de Ourense. Do mesmo xeito, advirte que no leste de Lugo as tormentas poden traer con elas saraibadas intensas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.