Venres 19 Abril 2024

Aviso laranxa por vento e ondas tras varias semanas de calma

A semana que comeza estará marcada por unha fronte que deixará ventos de máis de 80 km/h e ondas de máis de cinco metros no mar

Desde o último tren de borrascas de decembro, con Daniel, Elsa e Fabien deixando un forte impacto en forma de grandes refachos de vento e precipitacións, a situación do tempo en Galicia estivo marcada pola presenza case constante do anticiclón, con breves momentos de precipitacións. Porén, esta semana a chuvia, o vento e as ondas recobrarán protagonismo, segundo advirten as predicións. Desde este mesmo luns, unha borrasca situada ao oeste de Irlanda deixarase notar, e outra nova fronte tomará o relevo cara aos seguintes días.

A partir do mediodía do luns, activarase o aviso de nivel amarelo por vento no mar de forza 7. E en terra, entre Muros e Ribadeo,desde as 12 quedará establecido o nivel amarelo por ventos de máis de 80 km/h.

Publicidade

A situación empeorará o martes, xa que todo o litoral galego verá como o nivel de aviso subirá a laranxa por vento no mar de forza 8 e ondas de máis de cinco metros. E en terra, entre Laxe e Ribadeo tamén quedará decretado o nivel laranxa, xa que os refachos máis fortes superarán os 100 km/h. E a maior parte do resto de Galicia quedará con aviso amarelo tamén por vento. As precipitacións por chuvia non serán moi destacadas, pero haberá precipitacións xeneralizadas sobre todo na noite do martes ao mércores.

Por agora, ningún organismo estatal de meteoroloxía bautizou a borrasca. Pero de confirmarse a intensidade do temporal, recibiría o nome de Gloria. Terminan así varias semanas de predominio do tempo seco e soleado, mesmo con fortes xeadas no interior, onde se chegaron a acadar preto dos -10ºC en lugares como Calvos de Randín.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un tren de borrascas regará Galicia durante toda a semana

As precipitacións de principios de abril virán acompañadas dun importante ascenso térmico a partir do mércores

A primavera comeza este mércores despois do cuarto inverno máis chuvioso do século XXI

Neste mes será posible observar con prismáticos o cometa 12P/Pons-Brooks, segundo o coordinador de investigación do Observatorio Astronómico da USC, José Ángel Docobo

Unha masa de aire subtropical elevará os termómetros en Galicia ata os 21 graos. Canto vai durar?

A partir do xoves agárdase a entrada de novas borrascas atlánticas que deixarán precipitacións no oeste da comunidade

Unha profunda borrasca atlántica azouta Galicia esta fin de semana con chuvia, vento e neve

O centro de baixas presións situado sobre Irlanda enviará unha fronte fría na madrugada do sábado