Xoves 28 Marzo 2024

A Aemet estende o aviso amarelo polo frío á costa da Coruña

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) emitiu na mañá do xoves un novo aviso de nivel amarelo por temperaturas mínimas na vindeira madrugada. Despois de advertir o mércores de valores que poderían chegar aos -4ºC na raia do Miño en Pontevedra, o noroeste e sur de Ourense e o sur de Lugo, dá conta de que este aviso se estende ao litoral norte da provincia da Coruña, entre os concellos de Laxe e Mañón. O aviso durará entre as 2 desta madrugada e as 10 da mañá do venres.

Despois de máis dunha semana de xeadas e mínimas xélidas debido ao fenómeno da inversión termica e á estabilidade do anticiclón, Galicia seguirá afrontando esta fin de semana temperaturas baixas pola chegada dunha masa de aire ártico, procedente de Europa Central, que deixará pegada, sobre todo, no descenso das temperaturas máximas.

Publicidade

Con todo, Galicia verase menos afectada por este frío polar, xa que entrará polo noreste da península Ibérica. Aínda así, notarase sobre todo na parte oriental do país. A Axencia Estatal de Meteoroloxía xa activou o mércores aviso de nivel amarelo  (sur e noroeste de Ourense) e venres (engádense as zonas do Baixo Miño e o Sur de Lugo) e tamén se poderán ver afectadas as zonas do leste das provincias lucense e ourensá. O anuncio débese a temperaturas mínimas que poderían caer nestas comarcas dos -4ºC, polo que é posible a formación de placas de xeo nas estradas.

No resto de España, case todas as provincias interiores estarán en nivel amarelo por temperaturas que poden caer por debaixo dos -12ºC nas zonas máis altas e chegar aos -7ºC de forma xeralizada na Meseta norte. En Guadalajara chégase ao nivel laranxa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia vivirá unha primavera “máis cálida do normal”

Segundo a AEMET, as temperaturas invernais estiveron 1,8 graos por enriba da media habitual para esta época do ano

Un traballo da UDC sobre investigación básica en epilepsia gaña o Epiforward 2024

O equipo conseguiu reducir a actividade cerebral grazas á aplicación de campos magnéticos en áreas concretas do cerebro

Descuberta a proteína responsable da sensación de frío

O estudo foi publicado na revista ‘Nature Neuroscience’ e pode axudar a comprender como perciben as temperaturas baixas os seres humanos

Francisco Infante, delegado da Aemet: “En Galicia está cambiando o patrón de precipitacións”

O experto apunta que a comunidade suma meses máis cálidos do normal e que non será unha excepción á subida do nivel do mar