Imaxe do satélite Eumetsat na mañá do xoves, coa borrasca fronte á Península Ibérica. Fonte: MeteoGalicia.
Imaxe do satélite Eumetsat na mañá do xoves, coa borrasca fronte á Península Ibérica. Fonte: MeteoGalicia.

Aviso amarelo e incerteza ante a borrasca situada fronte a Galicia

As predicións apuntan a unha tarde de treboadas e fortes chuvias en toda Galicia debido á inestabilidade presente no Atlántico

Todo apunta a que nas últimas horas do xoves a meirande parte de Galicia quedará baixo o efecto de fortes treboadas e precipitacións, que poderían chegar a superar os 15 litros por metro cadrado nunha soa hora. Así, tanto MeteoGalicia como a Axencia Estatal de Meteroloxía, en atención á predición que ofrecen os modelos, activaron o aviso amarelo en todo o territorio galego. Porén, a incerteza sobre o impacto da borrasca causante desta situación, que deixará chuvias en boa parte da Península Ibérica nos vindeiros días, mantén expectantes aos servizos de meteoroloxía.

O Centro Nacional de Furacáns (NHC) dos Estados Unidos, que advertiu da posibilidade de que a borrasca adqurise características tropicais polo seu rumbo cara ao sur e o contacto con augas máis cálidas, reduciu nas últimas horas a probabilidade deste feito. Porén, o impacto será igualmente importante, de aí o aviso de nivel amarelo (mesmo laranxa para o venres nalgunhas rexións de España)

Fonte: nhc.noaa.gov.
Fonte: nhc.noaa.gov.

Desde a Aemet apuntan a que as treboadas e precipitacións concentraranse en maior medida no sueste de Galicia, mentres que os modelos amosados por MeteoGalicia expoñen importantes acumulados a seis horas no litoral occidental:

“Medicane” en Grecia

Outro dos fenómenos meterolóxicos relevantes nas últimas horas en Europa é o da formación dun medicane, fenómeno semellante aos furacáns, pero producido no Mediterráneo, que activou a alerta vermella en boa parte de Grecia. O evento, que leva por nome Tanos, deixará ventos de 200 km/h, fortes mareas e choivas. Algúns investigadores salientaron a coincidencia de Tanos cos restos do furacán Paulette, no Atlántico Central, e a borrasca fronte á Península.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.