Martes 23 Abril 2024

Así será o Nadal: ceas dun máximo de 6 persoas e toque de queda

O Goberno ultima o plan que presentará este mércores, no que pide que se limiten os desprazamentos e quedan prohibidas tradicións como as cabalgatas de reis

O Goberno ultima as medidas para o Nadal ante a pandemia da Covid-19, que permitirán celebrar ceas familiares, aínda que con importantes restricións, segundo o borrador do decreto que presentará mañá mércores.

Era obvio que este Nadal non sería como o doutros anos, como veñen avisando dirixentes políticos e expertos sanitarios. E o plan do Goberno propón limitar as reunións de non conviventes a seis persoas como máximo, aconsella non celebrar Cabalgatas de Reis (agás as que sexan estáticas), e a única restrición que se relaxaría é o toque de queda ata a 1:00 horas os días 24 e 31 de decembro.

Publicidade

No borrador do plan sanitario para o Nadal fronte á Covid-19, que foi feito público na mañá do martes por RTVE, e que se levará este mércores ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (SNS), mantense o confinamento nocturno durante todo o período do Nadal, coa excepción para Noiteboa e Noitevella, días nos que a restrición á mobilidade nocturna estará fixada entre a 1:00 e as 6:00 horas.

Con todo, as reunións familiares seguirán limitadas a seis persoas non conviventes como máximo. Malia esta disposición, Sanidade segue a recomendar no posible limitar a participación aos membros do grupo de convivencia estable, pois lembra que é “no ámbito social, sobre todo en reunións de familiares e amigos non conviventes”, onde máis gromos de contaxios se produciron.

En canto ás reunións de non conviventes, o borrador recomenda evitar os encontros sociais e de se celebrar, que sexan “preferiblemente no exterior”, ao tempo que insiste en que se garantan o que chamaron as “6 M“, isto é, as medidas de prevención habituais.

Así, recomenda usar máscara todo o tempo posible, lavado de mans, mantemento da distancia física, maximizar a ventilación e as actividades ao aire libre, minimizar o número de contactos e quedar na casa se hai síntomas, está diagnosticado ou se foi contacto estreito dun positivo.

Desprazamentos no período do Nadal

Nunhas datas de moitos desprazamentos, o documento expón que se eviten “aquelas viaxes que non sexan estritamente necesarias” e lembra que no caso de viaxar desde o estranxeiro, está en vigor desde este luns a obrigatoriedade de presentar unha PCR negativa realizada nas 72 horas previas á chegada a España.

En canto aos estudantes universitarios que regresan a casa para as vacacións, o borrador recoméndalles “que limiten as interaccións sociais os días anteriores do seu regreso a casa e que extremen as medidas de prevención”. E ademais, indica que limiten os seus contactos unha vez en casa, e interactuar sobre todo ao aire libre e usar máscaras.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Tes gripe ou covid? Estas son as diferenzas

A inmunóloga África González admite que teñen síntomas moi similares pero que se distinguen polo tempo de incubación e a estacionalidade