Sábado 20 Abril 2024

As nevaradas deixarán varios centímetros de neve na montaña oriental

A chegada dunha borrasca ao litoral cantábrico provocará tamén ondas de máis de cinco metros no litoral norte, o que activará o aviso laranxa

Despois de case dous meses de tempo seco, con escasas precipitacións, semella que Galicia vai afrontar a última fin de semana de novembro un paréntese nas condicións do tempo anticiclónicas. Tal e como avanza a Axencia Estatal de Meteroloxía (Aemet) esta fin de semana terá lugar un episodio de nevaradas na metade norte da península ibérica.

Agárdanse, deste xeito, acumulacións de neve de ata 15 centímetros por riba dos 900 metros de altitude por mor da influencia dunha borrasca que penetrará a primeiras horas do sábado pola costa cantábrica. Con todo, parte do sur de Galicia librarase das intensas precipitacións e refachos de vento durante o sábado.

Publicidade

Así, MeteoGalicia avanzou este venres a activación do aviso de nivel laranxa no litoral entre Ribadeo e Muros por mor de mar combinada con ondas de máis de cinco metros desde primeiras horas da mañá do sábado. A partir das seis da mañá deste día 27 activarase igualmente o aviso amarelo na montaña de Lugo e Ourense por precipitacións en forma de neve que poden xerar acumulados de máis de cinco centímetros ata a medianoite do sábado ao domingo. Con todo, as primeiras nevaradas caerán xa na tarde do venres por riba dos 1.100 metros na montaña lucense, estendéndose despois cara ao sur.

Xa cara ao luns parece que volverá a influencia anticiclónica, mais nos primeiros días de decembro podería regresar a inestabilidade atmosférica con chuvascos máis frecuentes no norte do territorio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha crista subtropical disparará as temperaturas en Galicia ata os 30 graos

A semana comeza con intensas precipitacións provocadas pola borrasca Pierrick pero un cinto de altas presións producirá un cambio radical de tempo a partir do mércores

Un tren de borrascas regará Galicia durante toda a semana

As precipitacións de principios de abril virán acompañadas dun importante ascenso térmico a partir do mércores