Alerta laranxa en todo o litoral galego por temporal costeiro

A partir deste mediodía as ondas poderán superar os 6 metros, aínda que en terra a meteoroloxía será tranquila

A partir do mediodía chega unha fronte polo noroeste. Imaxe do Meteosat.
A partir do mediodía chega unha fronte polo noroeste. Imaxe do Meteosat.

Activan a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego, segundo indica a Xunta de Galicia. A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa do comezo dun fenómeno meteorolóxico adverso que provocará mar de fondo do noroeste con ondas entre 5 e 7 metros. A borrasca, situada ao sudoeste de Islandia, deixará a partir deste mediodía ondas de máis de 6 metros no litoral galego.

Para a xornada do sábado mantense a influencia das borrascas atlánticas, con ondas do noroeste superiores aos 5 metros e ventos fortes do suroeste no litoral noroeste da Coruña. O domingo preséntase coas mesmas similitudes ás xornadas anteriores. Pola contra, as xornadas en terra serán dunha meteoroloxía moi tranquila, con alternancia de nubes e claros e algún chuvasco illado e ocasional.

Recomendacións

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Evitar deterse a sacar fotografías. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112, que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.