Sábado 20 Abril 2024

Alerta laranxa en toda a costa galega pola borrasca Barra

A situación mellora en terra e complícase no mar, con ondas que superarán os seis metros e incluso os oito en zonas do litoral da Coruña

Unha ponte pasada por auga. A borrasca Barra, situada preto de Irlanda, deixa un día marcado polas chuvias e o vento forte do suroeste. En terra, os raios de sol xa se comezarán a ver a media tarde, cando a fronte calme os seus efectos, aínda que o temporal seguirá manténdose no mar. De feito, para o mércores 8 e o xoves 9 de decembro está previsto que deixe en alerta laranxa a todo o litoral galego. É máis, mañá espéranse ondas que acaden os seis metros en toda a costa e que, incluso, cheguen aos oito metros no litoral da Coruña. A borrasca Barra tamén deixará neve nas montañas galegas.

Máis polo miúdo, a Axencia Galega de Emerxencias (Axega) informou esta mañá do nivel de alerta laranxa en toda a costa de Galicia durante os próximos dous días. Segundo informaron dende o organismo, o temporal costeiro comezará no litoral da Coruña e Lugo a partir das 21.00 horas de hoxe, 7 de decembro. A zona de Pontevedra esperará ata a madrugada, cando está previsto que a borrasca azoute con máis forza o litoral das Rías Baixas.

Publicidade

Mellora a situación en terra

En terra, e segundo as previsións de Meteogalicia, o temporal Barra xa perde intensidade e Galicia quedará mañá, 8 de decembro, na zona de chuvascos. O ceo estará cuberto, na súa maioría, con precipitacións xeneralizadas de carácter intermitente, localmente fortes e que, de maneira ocasional, poderán vir acompañadas de sarabia. A cota de neve situarase entre os 900 e os 1.100 metros e as temperaturas descenderán. Os ventos sguirán soprando de compoñente oeste, con intervalos moi fortes no litoral norte.

O xoves 9, os restos do temporal Barra continuarán no litoral galego, que permanecerá en alerta laranxa. Non obstante, unha fronte cálida afectará a Galicia dende a primeira hora da mañá, deixando ceos cubertos e chuvias febles. Pola noite rexistraranse choivas máis intensas e as temperaturas ascenderán, mentres os ventos soprarán de compoñente oeste con intervalos fortes ao longo do día no litoral e nas zonas altas do interior.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire subtropical elevará os termómetros en Galicia ata os 21 graos. Canto vai durar?

A partir do xoves agárdase a entrada de novas borrascas atlánticas que deixarán precipitacións no oeste da comunidade

Unha profunda borrasca atlántica azouta Galicia esta fin de semana con chuvia, vento e neve

O centro de baixas presións situado sobre Irlanda enviará unha fronte fría na madrugada do sábado

Unha masa de aire polar cobre de neve Pedrafita do Cebreiro

Unha borrasca situada ás illas Británicas enviará unha nova fronte fría a Galicia que descenderá a cota ata os 900 metros

A borrasca deixa en Galicia ventos de 147 km/h e temperaturas xélidas

A fronte provocou máis de 240 incidencias nas últimas horas e 14 municipios están en alerta porque nove ríos poderían desbordar