Alerta laranxa coa primeira borrasca de decembro

Un forte temporal deixará acumulados de máis de 100 litros de chuvia e ventos que superarán nalgúns refachos os 100 quilómetros por hora

Está activado o aviso de nivel laranxa no interior de Pontevedra polos acumulados de chuvias. Fonte: MeteoGalicia.
Está activado o aviso de nivel laranxa no interior de Pontevedra polos acumulados de chuvias. Fonte: MeteoGalicia.

Foron case dúas semanas de tregua despois dun dos meses máis chuviosos dos últimos anos. Pero unha fronte fría que chegará nas vindeiras horas desde o Atlántico norte deixará de novo en Galicia un temporal de chuvia e vento que obrigou ao 112 a activar a alerta laranxa por choiva no interior da provincia de Pontevedra a partir do mediodía do xoves 12. Agárdase que caian acumulados de ata 50 litros, que poderían duplicarse ata a xornada do venres. Do mesmo xeito, o aviso de nivel laranxa esténdese a toda a costa galega por ondas de ata 7 metros e vento no mar moi intenso, de ata forza 8.

Con todo, a gran parte do oeste de Galicia terá avisos de nivel amarelo o xoves. MeteoGalicia advirte de precipitacións fortes durante a segunda metade do día. Na Mariña de Lugo haberá ademais un aviso por refachos que superarán os 80 km/h.

O venres seguirá chovendo, aínda que con menos intensidade, pero un corredor de isóbaras entre unha borrasca ao leste de Inglaterra e o anticiclón dos Azores, deixará ondas superiores aos 6 metros en toda a costa, polo que se volverá activar o nivel laranxa. Xa o sábado agárdase un empeoramento das condicións, cunha nova borrasca que se deixará notar no país.

A situación de baixas presións será notable en todo o norte peninsular, desde Galicia ata os Pireneos. Para o venres, a Aemet sitúa o nivel de aviso no máximo, o vermello, no Cantábrico oriental, con ondas de máis de nove metros de altura.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.