Venres 19 Abril 2024

Alerta por inundacións e choivas na Coruña e Pontevedra

Actívase o plan especial de risco e MeteoGalicia estende o nivel de aviso amarelo ao oeste da provincia coruñesa ata o venres

Achéganse días de precipitacións persistentes en Galicia que poden xerar problemas nalgunhas partes do país. Despois dos intensos episodios de novembro e dun dos días máis chuviosos dos últimos anos na provincia da Coruña, que tivo lugar a mediados de xaneiro, a metade oeste da comunidade está en nivel de aviso amarelo ata o venres (con breves períodos de menos intensidade) por predicións que falan de máis de 100 litros por metro cadrado. Ante a situación, a Axencia Galega de Emerxencias activou o Plan Especial por Risco de Inundacións debido á agardada subida do caudal dos ríos da bacía de Galicia-Costa.

Con estas previsións, MeteoGalicia mantén distintos niveis de aviso. No litoral da Costa da Morte está activado o nivel laranxa por ondas de ata seis metros, mentres que o aviso é amarelo no resto da costa galega por ondas de catro metros. Do mesmo xeito, o vento no mar pode acadar a forza 8 con dirección suroeste.

Publicidade

Xa en terra, os refachos serán de máis de 80 km/h no norte das provincias da Coruña e Lugo, o que fixo activar tamén o nivel amarelo durante este mércores.

Porén, a situación máis complicada estará no referente ás precipitacións. Desde este mércores e ata o venres, o aviso é amarelo no oeste da Coruña e o interior de Pontevedra por precipitacións que poderían superar os 40 litros por metro cadrado en 12 horas.

Pero os datos xa están superando as previsións. Así, en apenas 12 horas do mércores xa se chegou aos 80 l/m2 en Cespón (Boiro) e tamén se superaron os 50 en Muralla (Lousame), Monte Castrove (Poio), Costa (Rois), Xesteiras (Cuntis) ou Mazaricos.

Recomendacións ante inundacións

Como adoita acontecer nestes casos, desde o 112 recomendan como precaución fronte as inundacións abandonar as actividades que se estean realizando en espazos fluviais, retirar os vehículas das beiras dos ríos, evitar atravesar pontes ou torrentes e saír do vehículo e situarse nunha parte alta en caso de que as inundacións alcance os coches.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da RAG

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204