A Ciencia en Galicia 2017

Academia de Ciencias e GCiencia lanzan a revista ‘A Ciencia en Galicia’

A Real Academia Galega de Ciencias lanza, coa produción de GCiencia, a revista ‘A Ciencia en Galicia’, que inclúe unha serie de reportaxes sobre o cientifico galego do ano (Baltasar Merino, no 2017), artigos de destacados investigadores galegos e un Anuario que recolle as principais novas científicas do último ano e as mellores novas, entrevistas e reportaxes publicados por GCiencia.

‘A Ciencia en Galicia’ supón o número 36 da histórica revista da Real Academia Galega de Ciencias, aínda que enteiramente renovada, “co ánimo de converterse nun instrumento máis realista e adaptado ás necesidades dos novos tempos”.

Este auténtico anuario da ciencia en Galicia, preséntase este mércores 4 de outubro en Santiago de Compostela, no decurso do acto institucional do Día da Ciencia en Galicia. Ademais desta versión en papel, a revista está dispoñible na súa propia web: acienciaengalicia.gciencia.com Neste portal é posible tamén descargar a revista completa en formato pdf.

‘A Ciencia en Galicia 2017’ é unha publicación de 68 páxinas, producida polo equipo de GCiencia, e que se abre cunha serie de reportaxes especiais sobre Baltasar Merino, o protagonista do Día da Ciencia deste ano. A publicación inclúe 40 páxinas cun anuario que recolle as novas máis destacadas da ciencia en Galicia no 2017, cos mellores traballos publicados en GCiencia no último ano.

Aquí podes baixar a revista en pdf
A Ciencia en Galicia 2017

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.