Venres 29 Marzo 2024

A Xunta reforma o plan de Nadal: mobilidade para visitas familiares

Amplíase o prazo do toque de queda na Noiteboa ata as 1.30 horas e especifica os máximos permitidos en ceas por grupos de conviventes

A Xunta de Galicia axusta o seu plan de Nadal ante a pandemia da Covid-19 e introduce cambios como permitir a mobilidade, de xeito excepcional, para visitas familiares entre o mércores 23 e o venres 25 de decembro

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou na mañá deste martes dos cambios elaborado de cara ás xuntanzas navideñas dos vindeiros días. García Comesaña precisou que entre as 00:00 horas do día 23 de decembro e as 23:00 horas do día 25, permitirase a mobilidade de persoas con motivos das visitas familiares, incluso naqueles concellos que se atopan perimetrados.

Publicidade

Esta mobilidade adicional tamén será extensiva para aquelas persoas que visiten a nosa comunidade durante estas datas, e polo mesmo motivo.

Entre as modificacións anunciadas tamén se inclúe a ampliación da mobilidade nocturna na xornada de Noiteboa pois, nesa data, o retorno aos domicilios poderá ampliarse até as 1:30 horas, no lugar do horario máximo das 23:00 horas que rexerá nos restantes días.

Sobre as xuntanzas familiares, a principal recomendación da Xunta de Galicia é que estas reunións se integren unicamente por persoas que pertenzan á mesma unidade familiar, sendo esta unha modalidade na que non existiría límite no número de persoas.

Con máis de dúas ‘unidades familiares’, a cifra máxima de comensais é de 6 adultos

Nun segundo chanzo, a Consellería de Sanidade recomenda que as xuntanzas se cingan a un máximo de dúas unidades familiares, introducindo como límite a cifra de 10 persoas, para respectar o establecido no Plan elaborado polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

Por último, a terceira opción proposta pola Xunta, fai referencia as xuntanzas compostas por máis de dúas unidades familiares, unha situación na que non se debe exceder a cifra de 6 persoas adultas, e un máximo que 4 nenos con idade non superior aos 10 anos.

O conxunto destas medidas pode ser obxecto de novas modificacións de acordo á evolución epidemiolóxica de Galicia na vindeira semana, así, o vindieiro 28 de decembro o Comité clínico voltará reunirse para avaliar os datos dos festexos do Nadal.

Por outra banda, este comité decidiu na súa última xuntanza que o concello de Rianxo pasa ao nivel máximo de restricións. Así mesmo, dediciu suavizar as medidas restritivas nos concellos de Muxía, Meis, Ribadumia, Cerdedo-Cotobade, Pontecaldelas e Vilaboa que pasarán ao nivel básico de restricións, co que se suprimirá a limitación de mobilidade.

Igualmente, o comité clínico acordou que o concello de Moaña, descendo ao nivel medio de restricións. Ademais do antedito, os concellos de Vilalba, Tui e Ponteareas baixan ao nivel medio alto de restricións.

Tras analizar a evolución epidemiolóxica no conxunto de concellos galegos, o comité clínico tamén acordou manter unha vixilancia especial en Verín e implementala nos concellos de Aranga, Noia, Porto do Son, Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Burela, Dozón, Vedra, Muros e Xinzo de Limia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Comesaña: "O Centro de Protonterapia tratará pacientes de cancro en 2025"

O conselleiro de Sanidade fala da situación da sanidade galega e dos novos proxectos de terapias oncolóxicas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais