Sábado 20 Abril 2024

A Xunta cancela un obradoiro de astroloxía védica organizado nun Espazo Xove

O local dependente da Consellería de Política Social e situado en Carballo programou a actividade para persoas de 14 a 30 anos

A Consellería de Política Social informou na tarde do luns da cancelación dun “obradoiro de astroloxía védica e meditación” que o Espazo Xove de Carballo programou no local, que depende da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da devandita consellería.

A actividade difundiuse a través das redes sociais do Espazo Xove, onde xa foi eliminada, e do web de Xuventude, e tiña previsto celebrarse de forma gratuita entre os días 4 e 25 de novembro. Estaba organizada por unha entidade local privada e dirixida a mozas e mozos de entre 14 e 30 anos.

Publicidade

Desde Política Social explican que en canto se tivo coñecemento da actividade, decidiuse a cancelación da mesma. “Non podemos permitir, e máis no momento actual, que se organicen actividades que fomenten as pseudociencias en espazos dependentes da Xunta”, expoñen desde a Consellería. Do mesmo xeito, lanzouse unha advertencia ás instalacións de toda Galicia para extremar a precaución antes de dar luz verde a este tipo de iniciativas.

O coñecemento da realización desta actividade, que anima a mergullarse, na “ciencia ancestral da India” xerou numerosas críticas nas redes sociais, xa que o cartel que anunciaba o obradoiro incluía os logotipos da Xunta de Galicia, a Dirección Xeral de Xuventude e do Xacobeo 2021. Sobre a razón pola cal se poden chegar a difundir estas disciplinas en espazos dependentes da Xunta, na Consellería aclaran que “cada Espazo Xove ten marxe e liberdade para programar as actividades que considere, sempre que non traspasen determinados límites, como aconteceu nesta ocasión, e por iso se ordenou a cancelación desta actividade”.

https://twitter.com/cescept/status/1318255172838170625

A astroloxía védica é unha baseada nos ritos e crenzas da civilización védica, e recolle algúns textos considerados sagrados por esta civilización, previa á instauración da relixión hinduista. Desde hai décadas, co predicamento acadado por ritos orientais no resto do mundo, a súa práctica popularizouse.

O episodio coincide coa publicación do primeiro manifesto internacional contra as pseudociencias, difundido nos últimos días. O texto, asinado por máis de 2.700 científicos de preto de 50 países, advirte contra os riscos de saúde pública que provocan estas disciplinas e insta aos gobernos a desenvolver leis que axuden a frear o problema.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Sen evidencia científica para a aromaterapia e o Tai Chi: esta é a nova lista de pseudociencias

O ministerio de Sanidade realizou novos informes para combater as pseudoterapias que sea basean en estudos de baixa calidade

Por que hai persoas que cren que as emocións provocan cancro?

A poboación acepta maioritariamente ideas pseudocientíficas. Comprender a filosofía da ciencia é a mellor vacina posible

Autofaxia: podemos manternos mozos e sans máis tempo ‘limpando’ as nosas células?

Un grupo de científicos investigan se potenciar o proceso natural coñecido como autofaxia pode frear as enfermidades debilitantes da vellez

Preto de 300 escolares achéganse ás matemáticas dun xeito “compresible e divertido”

No proxecto 'Te lo cuentan las matemáticas', do grupo de innovación docente MaReMa