Venres 29 Marzo 2024

A tormenta Theta fórmase no Atlántico e diríxese cara ao leste

O Centro Nacional de Furacáns confirma a xénese do fenómeno, que podería achegarse ás Illas Canarias con categoría de furacán

O Centro Nacional de Furacáns (NHC) dos Estados Unidos confirmou esta madrugada a formación da tormenta subtropical Theta no Océano Atlántico, e advertiu da posible transición a ciclón tropical. Aínda que os modelos amosan por agora un alto grao de incerteza, é posible que Theta chegue a Canarias cunha intensidade notable. Segundo as últimas medicións, ten uns ventos máximos sostidos duns 85 km/h e agárdase que se manteñan con poucos cambios nos vindeiros días.

Por agora, a predición afasta a tormenta do noroeste da Península Ibérica. Con todo, a formación deste tipo de fenómenos, cada vez máis frecuente nos últimos anos, mantén pendentes aos expertos no estudo do clima polo maior risco de que tormentas deste tipo, mesmo con categoría de furacán, poidan chegar a zonas habitadas tanto nos arquipélagos de Canarias, Madeira ou Azores como na propia península. Foi o caso de Ophelia ou Leslie, que nos últimos anos causaron un importante impacto.

Publicidade

A tormenta Theta

A tempada de tormentas no Atlántico está sendo unha das máis intensas desde que existen rexistros. Así, Theta é a 29ª tormenta nomeada en 2020, o que supera o récord da tempada de 2005. O número de fenómenos é tal que o NHC agotou a lista de 21 nomes prevista e tivo que acudir, como está indicado nestas ocasións, ao alfabeto grego (Alpha, Beta, Gamma, Delta, Epsilon, Zeta, Eta, Theta, Iota, Kappa…) que xa leva consumidas á súa vez oito nomes.

Segundo o NHC, está movéndose cara ao leste, un camiño que seguirá nos vindeiros días, maís aínda non se pode predicir con exactitude se tomará unha dirección nordeste que a achegue á Península Ibérica. Algúns expertos como Juan Jesús González Alemán, que están seguindo a formación do fenómeno, cualifican de “día histórico” a xénese deste fenómeno, algo moi pouco habitual en lonxitudes próximas á Península Ibérica.

Pola súa parte, a Axencia Estatal de Meteoroloxía avanza que os restos da tormenta “poderían terminar preto da Península Ibérica”.

A formación de tormentas con características subtropicais está a facerse máis frecuente nos últimos anos no Atlántico nordeste. A combinación de masas de aíre frío en altura e aire cálido preto da superficie pode desencadear fenómenos extremos, susceptibles de causar importantes impactos nas zonas habitadas. “É posible que nos próximos anos aumente a frecuencia deste tipo de fenómenos”, explicaba hai uns meses a GCiencia Juan Jesús González Alemán. “Non temos suficientes datos para afirmar que vai ser unha tendencia, pero o cambio climático é un factor clave. Este tipo de ciclóns fórmanse en latitudes subtropicais e sacan a súa enerxía do océano; se a temperatura da auga é máis cálida, poderán coller máis forza e desenvolverse”, explica o científico.

Os expertos apuntan a que se necesitan modelos máis precisos para predicir a formación deste tipo de fenómenos, a súa traxectoria e os posibles impactos en áreas poboadas, xa que ao tratarse de tormentas dunha intensidade considerable, unha pequena desviación pode ser moi relevante.

Furacáns en Galicia: serán más habituais a partir de agora?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire subtropical elevará os termómetros en Galicia ata os 21 graos. Canto vai durar?

A partir do xoves agárdase a entrada de novas borrascas atlánticas que deixarán precipitacións no oeste da comunidade

Unha profunda borrasca atlántica azouta Galicia esta fin de semana con chuvia, vento e neve

O centro de baixas presións situado sobre Irlanda enviará unha fronte fría na madrugada do sábado

A borrasca deixa en Galicia ventos de 147 km/h e temperaturas xélidas

A fronte provocou máis de 240 incidencias nas últimas horas e 14 municipios están en alerta porque nove ríos poderían desbordar

Unha potente borrasca traerá chuvia abundante e desplome de temperaturas a partir do xoves

Galicia acadará os 22 graos entre luns e martes mentres que a fin de semana estará marcada por un "temporal invernal"