A pandemia agrava a fenda de xénero na ciencia

Primeiro debate do Día da Muller e a Nena na Ciencia organizado polo Concello de Pontevedra en colaboración con GCiencia

O confinamento, o obrigado tele-traballo e as restricións da Covid-19 agravan a fenda de xénero existente no ámbito científico, especialmente cando as investigadoras teñen menores ao seu cargo. É unha das principais conclusións da primeira mesa de debate organizada polo Concello de Pontevedra, en colaboración con  Gciencia, co gallo do Día da Muller e a Nena na Ciencia.

Baixo o título Investigar en pandemia catro científicas e investigadoras galegas compartiron experiencias e reflexións sobre o efecto- Covid no seu traballo. Elena  Cartea, directora da Misión Biolóxica de Galicia; Inés Viana, investigadora do IEO; Susana Cid, doutora en  Neurociencia e Psicoloxía Clínica e Iria Vázquez, socióloga e coautora do informe “Xénero e Investigación na UVigo durante a Covid-19”  falaron sobre o impacto do confinamento e da pandemia, constatando que foi moito máis  prexudicial para elas que para os seus colegas homes. Un feito asociado, en boa medida, á  feminización dos coidados. “As mulleres conciliamos sempre, os homes puntualmente…” concluíron.

Por outra banda advertiron da necesidade de que o traballo en remoto, que chegou para quedar, sexa regulado para evitar que se consolide como unha ferramenta de desigualdade e de precariedade laboral.

A realidade Covid non lles impediu reivindicar o valor da ciencia e do coñecemento, a satisfacción de traballar no que lles gusta e o orgullo de contribuír a construír un mundo mellor. As catro animaron ás nenas a que ignoren os estereotipos -non hai estudos e profesións de mozos e estudos e profesións de mozas- e a soñar que poden ser investigadoras, científicas ou inventoras, porque poden ser o que queiran.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.