Xoves 25 Abril 2024

A incidencia da Covid-19 no teu concello: está subindo ou baixando?

212 dos 313 concellos galegos incrementaron a súa incidencia desde o luns da semana pasada, e en 85 xa se supera o 1% de incidencia nos últimos 14 días

A nova escalada de restricións para conter a pandemia da Covid-19 en Galicia, cuxos indicadores acadaron nos últimos días valores máximos no referente ás hospitalizacións e novos casos, sitúan en nivel máximo de alerta aos 313 concellos galegos. As sete áreas sanitarias amosan unha tendencia desfavorable. Cada vez son máis os concellos que acadan incidencias de alto risco, pola posible existencia de cadeas de transmisión, e cada vez son menos os que se manteñen ‘libres’ da Covid-19, segundo a información que achega o Sergas. Se cos datos do pasado luns 18 eran 35 os concellos sen casos nos últimos 14 días (é dicir, desde o 4 de xaneiro), este luns 25 baixaban ata 16.

85 concellos, con máis do 1% da poboación positiva nestas dúas semanas

Así, aínda que a incidencia do SARS-CoV-2 é desigual no territorio galego, a transmisión que se constatou desde comezos de xaneiro é patente en moitos municipios. En 85 concellos, nos que viven preto de 480.000 persoas, a incidencia acumulada supera os 1.000 casos por 100.000 habitantes en 14 días. Ou o que é o mesmo: máis do 1% da súa poboación dou positivo por coronavirus desde o 11 de xaneiro.

Publicidade

Aínda que nalgúns casos as cifras en termos absolutos son reducidas, pois a incidencia dispárase con pequenos brotes en concellos de pouca poboación, estanse a acadar taxas moi destacadas nalgúns casos. Así, en Moeche ou Leiro tiveron un diagnóstico positivo nos últimos 14 días 1 de cada 20 habitantes, e en Mañón, Vilar de Santos, Trasmiras ou Oímbra, máis de 1 de cada 30.

Destacan tamén os datos de concellos de maior poboación, como Poio, Xinzo de Limia, Valga, A Cañiza ou Rois, con máis de 1 de cada 50 habitantes diagnosticados nos últimos 14 días. E en vilas como Arteixo, Carballo, Betanzos, Viveiro, Verín, Fene, Ponteareas, Tomiño, Cambre, A Laracha, Sada ou Sarria, todas elas con máis de 10.000 habitantes, máis do 1% da poboación deu positivo desde o 11 de xaneiro.

Este é o mapa de incidencia acumulada en Galicia, cos datos pechados ás 18 horas do luns 25 de xaneiro:

Sobe ou baixa a incidencia?

Segundo os datos do Ministerio de Sanidad, Galicia superou este luns a incidencia acumulada de 700 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días, fronte aos 297 do luns 11 de xaneiro e os 484 do día 18. O indicador, por tanto, multiplicouse por 2,35 nestas dúas semanas. E isto redundou tamén, por tanto, no mapa municipal que amosa a evolución da pandemia.

Neste tempo, 219 concellos incrementaron a súa incidencia acumulada, 45 baixárona e outros 49 mantivéronse en indicadores semellantes. Cómpre salientar o matiz de que, ao non achegar Sanidade cifras exactas de casos e incidencia no caso dos municipios nos que se rexistraron entre 1 e 9 positivos nas últimas dúas semanas, é probable que se produciran algúns pequenos cambios neste grupo de concellos, mais non se amosa no mapa baixo estas liñas.

Estas cifras están suxeitas a diversos factores, como a realización de cribados que, nalgúns casos, fan aflorar unha transmisión non detectada e incrementan a incidencia de forma súbita. Do mesmo xeito, algunhas incidencias tamén se ‘disparan’ ao detectar focos nas residencias sociosanitarias que, nalgúns casos, fan incrementar rapidamente a cifra de positivos nalgúns concellos, aínda que a transmisión na localidade, fóra destes centros illados, sexa moito menor.

Nos concellos nos que existen datos exactos tanto para o día 18 como para o 25 de xaneiro, esta foi a variación:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Volven as Líridas: como ver esta chuvia de estrelas dende Galicia

O fenómeno astronómico, que se poderá ver ata o xoves 25 de abril, será pouco visible a causa da lúa chea