Venres 29 Marzo 2024

A comarca do Carballiño rexistra un sismo de magnitude 3

O terremoto produciuse entre Maside e San Amaro pasadas as 22.15 da noite e provocou numerosos avisos ao Instituto Geográfico Nacional

Un movemento sísmico de magnitude 3 rexistrouse a pasada noite entre as localidades de Maside e San Amaro, na comarca do Carballiño, arredor das 22.18 horas. O sismo acadou a magnitude 3, segundo os rexistros do Instituto Geográfico Nacional, e tivo o seu epicentro a pouca profundidade, só un quilómetro baixo a superficie.

O episodio xerou decenas de avisos durante as seguintes horas no web do IGN, desde localidades próximas como O Carballiño, Boborás, Leiro, Cenlle, Amoeiro, Avión ou San Cristovo de Cea.

Publicidade

Segundo a clasificación do grao de intensidade, que describe os efectos nas persoas, os obxectos, a natureza e os edificios, o IGN expuxo que o impacto máximo foi de III-IV, que se corresponde coa pequena vibración de obxectos como vaixelas, cristalerías, xanelas ou portas, a oscilación de obxectos pendurados e a percepción clara do sismo dentro dos edificios, a pesar de que non se produza ningún dano.

O sismo na comarca do Carballiño é o máis forte das últimas semanas en Galicia, unha das áreas da península Ibérica con maior actividade sísmica xunto ao Levante e os Pireneos. Precisamente en Navarra estase a vivir no último mes un importante enxame sísmico, con tremores de magnitude ata 4,5, que xeraron unha importante inquedanza na área de Pamplona.

Nos últimos anos, Galicia viviu varios sismos de magnitude superior a 3 que foron sentidos por unha parte importante da poboación. Preto da comarca do Carballiño, en Melgaço, rexistrouse en novembro de 2018 un sismo de magnitude 3,8 sentido en gran parte do sur de Galicia. En Celanova tivo lugar outro de magnitude 3,4 en agosto de 2019, dentro dun enxame sísmico, e en xuño deste ano, un terremoto de magnitude 3 con epicentro na comarca de Ordes xerou centos de avisos na meirande parte da provincia da Coruña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Canto cambiou a rúa na que vives nos últimos 60 anos? Compróbao neste mapa

Un mapa do Instituto Xeográfico Nacional permite comparar imaxes aéreas captadas nos anos 50 con ortofotos actuais

Podería ser España a próxima en sufrir un terremoto?

Na península podemos esperar sismos de magnitude entre 6,5 e 7 nas fallas asociadas ao mesmo proceso tectónico que o recente de Marrocos

Estes foron os terremotos máis intensos rexistrados en Galicia

O de Triacastela en 1997 foi o de maior magnitude, pero os que máis danos causaron foron os de Ferrol en 1910 e o de Pontevedra en 1920

As ondas sísmicas dos terremotos de Turquía e Siria detectáronse na península

Unha animación resume o movemento dos dous potentes sismos, que xa deixan máis de 2.300 mortos nos países afectados