Xoves 18 Abril 2024

Chega a borrasca ‘Lola’ a Galicia tras percorrer 5.000 km polo Atlántico

O servizo meteorolóxico de Portugal asignou o novo nome da fronte máis forte do que levamos de primavera

Entra por Galicia unha das frontes máis fortes do que vai desta primavera. O servizo meteorolóxico de Portugal xa lle asignou nome entre os correspondentes a este ano. Falamos de ‘Lola‘, que chegará este venres despois de percorrer máis de cinco mil quilómetros polo océano Atlántico.

Os chuvascos dos últimos días chegaron da man de embolsamentos de aire frío en altura pequenos, con potencial para deixar tormentas intensas pero sempre de xeito puntual. Pero o Instituto Português do Mar e da Atmosfera foi o primeiro en dar nome á nova depresión atmosférica.

Publicidade

A nova borrasca chegará tras percorrer preto de 5.000 km sobre o Atlántico, de oeste a leste, un traxecto que está a achegar moita humidade á depresión. Isto será decisivo no carácter xeral das choivas desta fronte que varrerá Galicia ao comezo da fin de semana.

Durante o venres, a borrasca xa estará preto de Fisterra e unha fronte asociada deixará precipitacións moi fortes primeiro en Asturias e Castela e León, e a partir do mediodía tamén no resto do Cantábrico e gran parte da vertente atlántica.

A borrasca ‘Lola’, que xa foi cualificada como a máis profunda desta tranquila tempada primaveral, entrará pola Fronte Atlántica e, tras pasar polos Azores, entrará no país polo noroeste peninsular, podendo causar fortes chuvascos que se estenderán polo resto da península ibérica durante a semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña