Venres 29 Marzo 2024

Case 50 concellos, con maiores restricións a partir do luns

Peche perimetral en Vilanova de Arousa, Cualedro e Laza, nivel alto en 14 municipios e restricións medias noutros 31 concellos

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia no seguimento da pandemia da Covid-19 acordou este venres que, a partir do luns, rexerán niveis maiores de restricións en 48 concellos galegos onde a transmisión do SARS-CoV-2 é maior ou a situación epidemiolóxica recomenda manter unha estrita vixilancia para conter a aparición de novos casos. Unha das principais novidades é o establecemento do peche perimetral no concello de Laza, que rexistra nos últimos días unha incidencia acumulada superior a 250 casos/100.000 habitantes, aínda que o número de infeccións non chega á decena. Do mesmo xeito, Vilanova de Arousa e Cualedro manterán o peche perimetral (que tamén inclúe prohibición de reunión con non conviventes e peche da hostalaría). Esta medida levántase en Carballeda de Valdeorras, que pasa ao nivel medio.

No rango alto de restricións ficarán outros 14 concellos (Petín, A Merca, A Pastoriza, Mesía, Ribeira, Padrón, Marín, O Grove, Meaño, Cambados, Salceda de Caselas, Gondomar, Ponteareas e Coristanco), cunha incidencia por riba da media de Galicia. Neles a hostalaría estará pechada no interior e ao 50% no exterior, ademais das outras medidas vixentes para o resto do territorio.

Publicidade

Outros 31 concellos (Muíños, Verea, O Barco de Valdeorras, Cartelle, Lobios, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, Carballeda de Valdeorras, Meira, Chantada, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Melide, Carnota, Ordes, Lalín, Silleda, Ribadumia, Poio, Vilagarcía de Arousa, Cangas, Nigrán, O Porriño, Tui, Vigo, A Laracha, Betanzos, Cambre, Carballo e Ares), quedarán no nivel medio, que supón a redución da capacidade da hostalaría no interior ao 30% e 50% no exterior.

Todos os demais concellos galegos quedarán no nivel medio baixo, cunha limitación de capacidade no interior da hostalaría do 50% e un 75% no exterior. Ademais, seguirá vixente o confinamento nocturno entre as 23 e as 6 horas, o peche perimetral da comunidade e a limitación de reunións a seis persoas en exteriores e catro en interiores. As medidas entrarán en vigor, unha vez publicadas no Diario Oficial de Galicia, na medianoite do domingo 2 ao luns 3 de maio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Sanidade ordena a retirada dun coñecido fármaco para a diabetes

A AEMPS comunicou que os motivos se relacionan por un defecto de calidade que “non supón un risco vital para o paciente"

Galicia rexistra 16.000 novos casos de cancro e 8.000 mortes cada ano

A Fundación CRIS reúnese con Sanidade para solicitar unha maior cobertura aos pacientes oncolóxicos que requiren de medicamentos CAR-T

Funcionan os novos fármacos para deixar de fumar? “Se non cambias a conduta, a posibilidade de recaída é alta”

Mónica Pérez Ríos, investigadora da USC, explica que estes medicamentos teñen unha pauta de consumo de 25 días

Por que están aumentando os casos de covid en Galicia? Estas son as claves

Un maior movemento da poboación no verán, a caída da inmunidade e a aparición de novas liñaxes de ómicron poden ser os desencadeantes