Venres 19 Abril 2024

281 mortes por coronavirus en España en 24 horas

Hai un aumento respecto ao dato do xoves, cando se rexistraron 268, pero é o segundo día por baixo dos 300 falecidos

A cifra de mortos diarios con coronavirus subiu lixeiramente en España nas últimas 24 horas, aínda que é o segundo dia consecutivo en que se mantén por baixo dos 300 falecementos: hai 281 novas vítimas mortais, un aumento respecto ao dato do xoves, cando se rexistraron 268. Xa son 24.824 os falecidos, 215.216 os contaxiados diagnosticados mediante PCR e case 115.000 os recuperados desde o inicio da crise sanitaria.

A pandemia provocou máis de 233.000 decesos no mundo e máis de 3,2 millóns de infectados, pero tamén máis dun millón de curados, segundo a Universidade Johns Hopkins.

Publicidade

Curva de casos acumulados en España. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Na Arxentina suman xa 218 vítimas mortais. O número total de contaxios son 4.428, ata a noite deste xoves. Do total os casos, a maioría son contactos estreitos de casos confirmados (1.904 casos, un 43%), un 25,9% son de circulación comunitaria (1.149), o 20,7% (915) son importados e o resto atópase en investigación epidemiolóxica.

Hai máis de 1.000 falecidos por covid-19 en Perú, tras sumar o seu peor rexistro diario de mortes. O ministerio de Saúde informou de que nas últimas 24 horas faleceron 108 pacientes con covid-19, o peor rexistro diario de decesos por segundo día consecutivo desde que o 6 de marzo comezou a emerxencia sanitaria no país. En total, a cifra de falecidos sitúase en 1.051 persoas e a cifra acumulada de contaxiados ascendeu a 36.976 casos, tras detectar 3.045 novos na última xornada.

Os cambios desde Galicia volven alterar os datos da Covid-19 que difunde España

A cifra de falecidos por coronavirus en Francia ascende xa a 24.376, 289 máis que a véspera, segundo as autoridades sanitarias.

Italia continúa a súa tendencia descendente. O país rexistrou 285 falecidos nas últimas horas (323 este mércores) e 1.872 contaxiáronse no último día (2.086 onte). Faleceron 27.967 en total e contaxiáronse 205.463. Curáronse xa 75.945 persoas (4.693 nas últimas 24 horas).

Casos de Covid-19 por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Tes gripe ou covid? Estas son as diferenzas

A inmunóloga África González admite que teñen síntomas moi similares pero que se distinguen polo tempo de incubación e a estacionalidade