Venres 29 Marzo 2024

Santiago pon en marcha o seu ‘Mes emprégate’ para estudantes

Saber enfrontarse ás esixencias dun mercado laboral cada vez máis competitivo é hoxe fundamental para os universitarios que rematan estudos e non dispoñen dos recursos e habilidades necesarios para a busca activa de traballo ou mesmo para o autoemprego. Por iso, por segundo ano consecutivo a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais organiza en marzo o Mes Emprégate de fomento da empregabilidade e o emprendemento dirixido a todo o alumnado da USC, que de maneira gratuíta debe inscribirse previamente.

Entre as iniciativas que máis interese espertou o pasado ano atópase o Talent’s Loop, un programa dirixido a alumnado de últimos cursos ou de máster que comezará o martes 1 de marzo coa finalidade de mellorar as habilidades do estudante para incorporarse ao mercado laboral de forma exitosa. Ese día dedicarase á formación, con diversas charlas cos especialistas Iñaki Quenerapú, Marisol Vázquez, María Botana e Verónica Ramallal sobre habilidades sociais, comunicación asertiva e a importancia da marca persoal.

Publicidade

Xa a partir do mércores 2 desenvolverase un laboratorio no que se simulará un proceso de selección de persoal real. O simulador estrutúrase en cinco pasos nos que cada participante recibirá feedback personalizado por expertas e expertos para mellorar as súas posibilidades de pasar con éxito un proceso selectivo. Comezarase coa fotógrafa Ana Ortega, que os retratará para conseguir unha imaxe axeitada aos seus propósitos, para logo elaborar un bo currículo vitae e asistir a unha entrevista de traballo. O circuíto remata cunha sesión de mellora do discurso público e cunha dinámica de grupo.

A Facultade de Económicas e Empresariais acolle as actividades do ‘Mes Emprégate’

O Talent’s Loop continuará o día 11 co emprendemento, cuns obradoiros impartidos por Carolina Lodeiro Malde, socia directora de Wayna Consultora, e Tamara Rodríguez Silva, xerente de IN&S Comunicación e innovación sostenible, que explicarán a importancia da creatividade e darán as claves para elaborar un Proxecto empresarial.

O programa contempla tamén para o día 17 unhas xornadas sobre habilidades de comunicación con carácter eminentemente práctico e outra de competencias profesionais dos titulados en ADE e Economía nas que o mércores 16 se coñecerán os diferentes campos de exercicio da profesión a través de profesionais especializados. Inclúense ademais visitas ao Centro de crowdworking Galicia Open Future na Cidade da Cultura para coñecer polo miúdo ese proxecto así como ao viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago.

Outra das actividades previstas é un ciclo de mesas redondas os días 8, 9 e 10 no que se debaterá sobre especialización de posgrao da USC e as saídas profesionais dos titulados universitarios desde o punto de vista do sector empresarial así como desde a experiencia dos solicitantes de emprego. No apartado formativo puramente teórico inclúese así mesmo unha presentación dos programas de prácticas en empresas e de programas de mobilidade, esta segunda impulsada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Por último, ‘Kinky boots. Pisando forte’, ‘Startup.com’ e ‘Jobs’ serán os filmes que se proxecten e comenten no ciclo CinEmpresa ‘Emprendedores de cine’. Trátase de tres cintas relacionadas co mundo do emprendedor, tanto de personaxes que crearon empresas no sector tecnolóxico como intraemprendedores, isto é, aqueles que iniciaron o cambio desde dentro dunha empresa para conseguir reinventarse desde un cambio de estratexia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s

Unha tese galega demostra a viabilidade de reutilizar restos vinícolas e pesqueiros no país

Antonio Cortés avaliou a sustentabilidade das estratexias de valorización de residuos orgánicos, alén de estudar a ecoeficiencia dos procesos