Ourense convértese na capital do novo emprendemento coa celebración, entre o 15 e o 17 de xullo da Semana Maker, que inclúe a presentación oficial do proxecto Emprende Makers, cofinanciado pola Unión Europea.
A cidade das Burgas foi elixida para presentar o proxecto europeo de cooperación transfronteiriza Emprende Makers, un evento organizado cofinanciado pola Unión Europea. A iniciativa aposta por fomentar o emprendemento entre os máis novos. Para iso, Emprende Makers contempla a creación e o desenvolvemento dunha Rede de Emprendemento baseada nos centros de fabricación dixital e prototipado da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
O acto de presentación deste proxecto europeo, que poderá seguirse vía online, celébrase o mércores, 15 de xullo, a partir das 10:30 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Tras a presentación, desenvolverase a mesa ‘O Movemento Maker ante a Pandemia da Covid-19’, que contará coa intervención do Presidente da European Clústers Alliance, Antonio Novo Guerreo e o Project Manager de Maker Faire Galicia, Rubén Beiroa.
O obxectivo é fomentar a creación de iniciativas empresariais innovadoras na Eurorrexión, todo iso baixo a filosofía do faino ti mesmo, a metodoloxía lean e o learning by doing; temas que estarán encima da mesa durante a presentación do proxecto este próximo mércores. O proxecto Emprende Makers permitirá a creación novas iniciativas empresariais; ofrecerá formación, asesoramento e ademais habilitará espazos e sistemas que fomenten o emprendemento na área da innovación.
A semana maker inclúe tamén a celebración de dúas webinars. O primeiro deles Ecosistema emprendedor: Zaragoza cidade Maker será o xoves, 16 de xullo, e ao día seguinte, celébrase o webinar Emprendemento Maker: oportunidades de creación de empresas en base a tecnoloxías emerxentes.