O Centro de Innovación Aeroespacial liderará un proxecto europeo con Portugal

Reunión en Porto do Molle do padroado do Centro de Innovación Aeroespacial.
Reunión en Porto do Molle do padroado do Centro de Innovación Aeroespacial.

O padroado da Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia botou hoxe a andar cunha reunión na que se acordou o nomeamento do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, como presidente do organismo, do que Teresa Pedrosa, delegada do Consorcio da Zona Franca, será a vicepresidenta e o director xeral de Delta Vigo, Francisco Puga o secretario. Na xuntanza celebrada en Porto do Molle os responsables do padroado confirmaron a participación da Fundación no proxecto Pinaet, Polo de Innovación Aeroespacial Transfronteirizo, que se encadra dentro da convocatoria Interreg do programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, POCTEP. Co obxectivo de mellorar a excelencia científica e o desenvolvemento da I+D+i a través da colaboración interrexional transfronteiriza con axentes empresariais, a Fundación Centro de Innovación Aeroespacial dará soporte a entidades relacionadas co sector, mellorando a competitividade rexional e promovendo a creación e consolidación de empresas e empregos cualificados.

A Fundación, constituída hai menos dun mes, coa participación da Universidade de Vigo e Zona Franca, como patróns de carácter público e Airbus, o Consorcio Aeronaútico Gallego, Delta Vigo e a Unión de Empresas Gallegas de Aeronáutica, como patróns privados, será a encargada de xestionar o centro, que será o principal foco de innovación e desenvolvemento de todo o noroeste peninsular do sector aeroespacial. O centro, que contará cunha superficie de seu no edificio tecnolóxico de Porto do Molle, permitirá impulsar a colaboración público-privada abrindo a porta á colaboración na fabricación de produtos con tecnoloxía de vangarda a empresas procedentes doutros sectores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.