Pontevedra, unha cidade de referencia a nivel internacional que agora poderás visitar a través do teu ordenador.
Pontevedra, unha cidade de referencia a nivel internacional que agora poderás visitar a través do teu ordenador.

Pontevedra estrea un tour virtual para descubrir a cidade en 360º

Este verán, poderase visitar a capital das Rías Baixas de xeito virtual. Así, as persoas interesadas poderán facer turismo dende a súa casa. O visitante poderá coñecer unha cidade de arte e de historia. Será posible camiñar polo segundo centro histórico máis importante de Galicia, tras o de Santiago de Compostela. Esta forma de viaxar achegará a cidade de Pontevedra a moitos lugares do mundo.

Pontevedra é, segundo ONU, unha das cidades máis cómodas para vivir pola súa calidade urbana, mobilidade e accesibilidade. O seu modelo urbano esperta o interese de países como Francia ou mesmo China. É, pois, un referente a nivel internacional. A través desta visita cibernética, desfrutarase de lugares simbólicos da cidade como a Igrexa da Peregrina, o Papagaio Ravachol ou As pontes, que representan a esencia de Pontevedra.

Aquí podes facer un paseo virtual 360º por Pontevedra

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.