Unha reportaxe de Aldara Sánchez e Emma Orio / Estudantes de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo
No século pasado, o plástico desbancou ao metal nas fábricas de produción pola súa maleabilidade e a súa lixeireza. Na actualidade, os composites ou resinas compostas como o kevlar, a fibra de vidro ou a fibra de carbono permiten a produción de obxectos máis liviáns, ao mesturar as vantaxes do plástico cunha maior resistencia.
Pedro Sánchez, xerente da empresa IXO, explica como a fibra de carbono supón un avance, sobre todo na industria automobilística, aínda que tamén menciona algún dos seus proxectos na fabricación de táboas, caneleiras, trípodes, etc.
Destaca unha das súas iniciativas na que ofrece a persoas con poucos recursos unhas próteses de fibra de carbono gratuítas grazas ás ganancias das vendas de luxo, case coma un “Robin Hood” galego da fibra de carbono.
As distintas universidades galegas están comezando a colaborar coa súa empresa, sobre todo realizando obradoiros para os alumnos de Deseño Industrial sobre este material e como manipulalo, xa que, como di Sánchez “é o material do futuro”.