Marta Otero Mayán gañou o certame coa súa reportaxe
Marta Otero Mayán gañou o certame coa súa reportaxe "Unha app para coidar a quen coida".

Marta Otero gaña o VI Premio Contar a Ciencia-la Caixa

A estudante de 4º de Xornalismo da USC foi recoñecida polo xurado, que escolleu como finalistas os traballos de Andrea Varela e Miriam Álvarez e Alba Tomé

A estudante de 4º de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela Marta Otero Mayán, coa súa reportaxe “Unha app para coidar a quen coida“, é a gañadora da sexta edición do Premio Contar a Ciencia-la Caixa de Comunicación Científica Universitaria, convocado pola Real Academia Galega de Ciencias e patrocinado por Obra Social la Caixa. O certame conta tamén coa colaboración da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia e a empresa Primux Tech, e está organizado por GCiencia.

O xurado, composto por representantes do eido científico e da comunicación en Galicia, valorou o enfoque humano do traballo de Marta Otero, onde se aborda un proxecto do Grupo de Investigación en Saúde Mental e Psicopatoloxía da USC para previr a depresión en coidadores de persoas dependentes. Neste caso concreto, exponse a relevancia da investigación na axuda a unha parella afectada polo Alzheimer dun deles.

Unha ‘app’ para coidar a quen coida

Segundo explica a reportaxe, o proxecto, baseado nunha aplicación para smartphones chamada Happy, procura solucións para un colectivo composto na súa gran maioría por mulleres e que moitas veces, debido á gran dedicación que ofrece ás persoas dependentes, pode desenvolver problemas de saúde física e mental.

Finalistas

Alén do traballo gañador de Marta Otero, foron escollidos como finalistas dous proxectos audiovisuais. Por unha banda, unha traballo de Andrea Varela e Miriam Álvarez, estudantes de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo, titulado “Scuba Cancers“, que aborda a investigación do grupo de José Tubío, científico do CiMUS de Santiago, sobre os cancros transmisibles en bivalvos, especialmente os berberechos.

Scuba Cancers: así é a loita contra o cancro transmisible en bivalvos

Por outra banda, a estudante de Xornalismo na USC Alba Tomé Sueiro foi recoñecida pola reportaxe “Como gañar o que che quita o Parkinson”, onde expón o proxecto da investigadora Irimia Mollinedo, da Universidade de Vigo, autora dunha tese sobre os efectos da práctica de pilates nos afectados por esta doenza neurodexenerativa.

Como gañar o que che quita o Parkinson

Nesta sexta edición presentaronse un total de 10 traballos, correspondentes a estudantes de Comunicación das universidades galegas. Na decisión do xurado tomaron parte representantes da Real Academia Galega de Ciencias, Obra Social la Caixa, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Colexio de Xornalistas de Galicia, O CSIC e GCiencia.

Acto de entrega

Os galardóns á gañadora, finalistas e resto de participantes no VI Premio Contar a Ciencia outorgaranse nun acto público que se celebrará o luns 8 de xullo no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela.

A gañadora do certame, Marta Otero, recibirá 500 euros en metálico, un smartphone IoxPhone P1 de Primux e un diploma acreditativo. Os dos proxectos finalistas recibirán cadanseu equipo de altofalantes portátiles Sk-21 de Primux e diplomas acreditativos. E o resto de concursantes seleccionados para elaborar os seus traballos tamén recibirán diplomas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.