Xoves 25 Abril 2024

A estudante da USC Marta Otero recibe o VI Premio Contar a Ciencia-la Caixa

O acto celebrado no Pazo de San Roque de Santiago recoñeceu tamén os traballos de Alba Tomé e de Andrea Varela e Miriam Álvarez

O Pazo de San Roque de Santiago de Compostela acolleu este luns o acto de entrega da sexta edición do Premio Contar a Ciencia-la Caixa, que convoca a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), e patrocina Obra Social la Caixa. A estudante de Xornalismo da USC Marta Otero Mayán foi a gañadora do certame grazas á reportaxe Unha app para coidar a quen coida, un traballo no que conta desde un enfoque persoal un proxecto do Grupo de Investigación en Saúde Mental e Psicopatoloxía da USC para previr a depresión en coidadores de persoas dependentes.

Marta Otero recibiu o premio (500 euros en metálico e un smartphone IoxPhone P1 de Primux) de mans do presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Juan Manuel Lema Rodicio. Na súa intervención, Otero agradeceu ás entidades que fan posible o Premio “Contar a Ciencia-la Caixa” por dar a oportunidade aos mozos e mozas estudantes de Comunicación de achegarse á divulgación científica e dar a coñecer os seus traballos ao público. Do mesmo xeito, fixo fincapé en que o fallo do xurado recoñecera o “enfoque humano” do seu traballo, “porque humanidade é o que nos falta moitas veces”.

Publicidade

Público asistente á entrega do VI Premio Contar a Ciencia-la Caixa. Foto: Óscar Corral.
Público asistente á entrega do VI Premio Contar a Ciencia-la Caixa. Foto: Óscar Corral.

No acto, conducido polo director de GCiencia, Eduardo Rolland, tamén recibiron o seu recoñecemento os finalistas, que recolleron cadanseu diploma e agasallo. Andrea Varela e Miriam Álvarez, estudantes de Comunicación Audiovisual da UVigo, desenvolveron un dos traballos finalistas, Scuba Cancers: así é a loita contra o cancro transmisible en bivalvos. Recibiron o premio de mans de José Alberto Díez de Castro, Secretario Xeral de Universidades. A outra finalista foi Alba Tomé Sueiro, graduada en Xornalismo pola USC, coa súa reportaxe Como gañar o que che quita o Parkinson. Fíxolle entrega do seu premio Anxo Pérez Romariz, responsable de Comunicación e Relacións Exteriores de Caixabank en Galicia. As autoras dos traballos foron obsequiadas cun equipo de altofalantes portátiles Sk-21 de Primux.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

🎖 Marta Otero, estudante de #Xornalismo da Universidade de #SantiagodeCompostela, recibe o VI Premio #ContaraCiencia – @fundlacaixa.

Una publicación compartida de GCiencia (@gciencia_) el

Á entrega do VI Premio “Contar a Ciencia-la Caixa”, asistiron representantes do eido académico, cultural e político de Santiago de Compostela e Galicia, como o reitor da UDC, Julio Abalde Alonso, a Vicerreitora de Titulacións da USC, Victoria Otero Espinar, ou a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey Vilar. O premio, que naceu en 2014, conta tamén colaboración da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta Galicia e a empresa Primux Tech e está organizado por GCiencia.

O obxectivo do certame é dar a coñecer a investigación que se fai nas universidades galegas e, ao tempo, animar aos estudantes de comunicación a achegarse ao mundo da investigación e a divulgación científica para transmitilo á sociedade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Academia de Ciencias amplía a presenza feminina co ingreso de Herminia Domínguez

A institución dálle a benvida á catedrática de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo, unha das cinco mulleres que se sumarán ás súas filas en 2022

A Real Academia Galega de Ciencias incorporará cinco académicas en 2022

Unha medida que impulsa a institución para para romper a brecha de xénero, após dun informe que revela unha representación de mulleres inferior ao 20%

A RAGC reúne a referentes no estudo contra o cancro nun ciclo de divulgación

O encontro, coordinado por Xosé Bustelo, abordará os avances recentes no coñecemento no cancro a través das súas bases moleculares e aplicación clínica

A Academia bríndase a traballar no Pacto pola Ciencia en Galicia

O acto académico do Día da Ciencia en Galicia, celebrado en Compostela, rendeu homenaxe ao Científico Galego 2020 na persoa do enxeñeiro Andrés Comerma