Xoves 25 Abril 2024

O vídeo do CINBIO que visibiliza as inventoras: “Queremos espertar a vocación nas nenas”

O centro da UVigo é un dos dez finalistas dun concurso organizado con motivo do Día Internacional da Propiedade Intelectual

Hai nenas que soñan con ser inventoras. Pero o que ás veces ignoran é que os inventos non sempre son obxectos; non sempre tanxibles. “Os métodos ou os algoritmos para a detección de pacientes son invencións tamén, pero non son artefactos como tales”, explica Diana Valverde, investigadora do Centro de Investigacións Biomédicas en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO). Este organismo da UVigo é un dos dez finalistas dun concurso organizado polo Día Internacional da Propiedade Intelectual que amosa cun vídeo a científicas con algún tipo de patente rexistrada. O fin é o de posicionar ás mulleres investigadoras como referentes de innovación e a transferencia dos resultados científicos á industria. O prazo de votación pechará o 23 de abril. Pódese votar vídeo do CINBIO desde este enlace.

A doutora Loretta de Chiara, inventora dun método non invasivo para o diagnóstico de cancro colorrectal e adenomas avanzados en pacientes asintomáticos e cofundadora da spin off do CINBIO, é a personaxe central do vídeo, pero a través dela queren destacar “todas as achegas que as investigadoras fan á sociedade e á economía grazas aos seus descubrimentos e innovacións nos sectores biomédico e sanitario”.

Publicidade

As doutoras África González, Diana Valverde, Herminia Domínguez, Verónica Salgueiriño, María Formoso, María Dolores Torres e Noelia Flórez, tamén investigadoras do CINBIO, forman parte da comunidade de inventoras con descubrimentos que axudan ao diagnóstico e prognóstico de diferentes enfermidades, así como con inventos de novos métodos de tratamento para diversos problemas de saúde humana.

“Creo que imos polo bo camiño e que toda esta visibilidade que lle estamos dando, quero pensar que estamos a servir de exemplo para as rapazas que están formandose véxannos como posibles impulsoras e directoras de todo o coñecemento que se poida xerar”, insiste Diana Valverde. “Inventor pódese ser de moitas formas”, pensa a investigadora, que contempla os resultados das súas investigación tamén como invencións e cunha aplicación directa na sociedade pola súa axuda no diagnóstico, no tratamento ou no pronóstico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadores de Vigo proban con éxito un deseño de antena para un vehículo lunar

O dispositivo facilitará o sistema de comunicación durante as incursións das covas atopadas no satélite

Daniel Rey, director do CIM: “Queremos atraer as mellores científicas e científicos do mundo”

O centro vigués sitúase entre os mellores centros de investigación oceanográfica internacional

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

O festival CinVigo volve esta fin de semana á Porta do Sol con ciencia e diversión

A programación do CINBIO inclúe unha feira científica, obradoiros infantís, unha xincana, maxia e espectáculos