Xoves 18 Abril 2024

Identifican un vidro e unha arxila capaces de reducir a infectividade dos virus

Teñen unha "potente actividade viricida" e conseguen diminuír o potencial dos patóxenos en máis do 99% en tan só 10 minutos de contacto

Con tan só 10 minutos de contacto son capaces de reducir a infectividade dos virus en máis do 99%. Segundo unha investigación dun equipo de científicos españois, un tipo de vidro e unha arxila teñen unha “potente actividade viricida”. Son dous materiais inorgánicos de baixo custo que poderían empregarse para descontaminar superficies, líquidos e aires con partículas virais. Tanto o vidro como a arxila foron probados en diferentes tipos de virus, tanto no SARS-CoV-2, como na gripe, o herpes simple e os adenovirus. Tamén son eficaces contra bacterias e fungos e poderían empregarse como desinfectantes e, incluso, poderían servir para desenvolver medicamentos antivirais con baixa ou nula toxicidade.

Máis polo miúdo, os investigadores describiron a actividade antiviral dun vidro sodocálcico dunha arxila denominada caolín. Esta última contén nanopartículas de prata e de óxido de cobre que desactivan a infectividade do virus. Cando entran en contacto con el, os materiais provocan unha reacción físico-química que inhibe o crecemento destes patóxenos. Este mecanismo de actuación está directamente vinculado coas propiedades do material, que induce a agregación do virus no caso do vidro ou a absorción no caso dos materiais baseados en caolín, así como dos inóns liberados ao medio.

Publicidade

“Os materiais provocan unha reacción físico-química que inhibe o crecemento destes patóxenos”

Os achados deste estudo xurdiron a raíz da colaboración de varios equipos de investigadores do Centro de Investigación en Nanomateriais e Nanotecnoloxía (CINN, CSIC-Universidad de Oviedo-Principado de Asturias) e da Universidad Ceu San Pablo, así como do CISA-CSIC, da Universidad de Navarra e da Universidad Complutense de Madrid. Os resultados acaban de ser publicados na revista Materials Today Bio.

As vantaxes

“Estes materiais son capaces de inhibir significativamente o crecemento microbiolóxico, tanto de orixe bacteriana, como fúnxica ou vírica, e son perfectamente compatibles cos seres vivos e o medioambiente”, segundo explica a investigadora do CINN Belén Cabal. “Posúen outras importantes vantaxes, como son a súa alta estabilidade e baixo custo, o que os converte en materiais excepcionalmente apropiados para a prevención e o control de enfermidades, tanto de orixe bacteriana como vírica”, engade Cabal.

“A potente actividade viricida probouse en virus con características fisicoquímicas moi distintas, como o virus estomatítico vesicular, da mesma familia que o virus da rabia, o virus do herpes simple (HSV-1), os adenovirus, o virus da gripe ou o SARS-CoV-2, causante da actual pandemia”, indica o investigador da Universidade CEU San Pablo Estanislao Nistal Villán.


Referencia: Broad virus inactivation using inorganic micro/nano-particulate materials. (Publicado en Materials Today Bio)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Debemos alarmarnos polo aumento de casos de tosferina?

En 2023, o número de casos desta enfermidade altamente contaxiosa aumentou en máis de nove veces con respecto ao ano anterior

O festival CinVigo volve esta fin de semana á Porta do Sol con ciencia e diversión

A programación do CINBIO inclúe unha feira científica, obradoiros infantís, unha xincana, maxia e espectáculos

O achado do maior réptil mariño da historia: así o descubriu unha rapaza de 15 anos

Un pai e a súa filla atopan en Reino Unido os restos dun peixe lagarto extinto que puido medir tanto como unha balea azul