Predición de temperaturas máximas para o venres 3. Fonte: MeteoGalicia.

Predición de temperaturas máximas para o venres 3. Fonte: MeteoGalicia.

Galicia prepárase para temperaturas por riba de 40ºC

A Aemet e MeteoGalicia adiantan un aviso laranxa ante as elevadas temperaturas que se agardan entre o xoves e o domingo

Predición de temperaturas máximas entre o mércores e o venres en Galicia. Fonte: meteogalicia.gal

Predición de temperaturas máximas entre o mércores e o venres en Galicia. Fonte: meteogalicia.gal

A partir do xoves 2 de agosto, e ata o domingo 5, Galicia estará afectada por unha masa de aire africano que traerá consigo unha intensa vaga de calor e temperaturas que superarán os 40ºC en varias zonas do interior, sobretodo na bacía do río Miño. Ante esta situación, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou este martes un aviso de nivel laranxa na conca do Miño da provincia de Ourense e un nivel amarelo que se estende ao resto do país, agás as zonas litorais das provincias da Coruña e Lugo,

Do mesmo xeito, MeteoGalicia xa adianta a este mércores o aviso amarelo por temperaturas superiores aos 36º na bacía do Miño en Ourense e Pontevedra. O mapa de predición de temperaturas máximas para o sábado 3 apunta a que toda Galicia, agás algúns puntos da costa norte, estará moi por riba dos 30ºC. E en comarcas como O Ribeiro, Ourense, Valdeorras e Verín superaranse con moita probabilidade os 40ºC. Ademais, as mínimas durante a noite non baixarán en moitos puntos dos 20ºC.

Consellos fronte ás altas temperaturas

Ante esta situación, tanto Aemet como MeteoGalicia emitiron xa avisos especiais de prevención, co fin de evitar problemas de saúde pública derivados da exposición ás altas temperaturas e ao Sol. Estos son algúns deles:

– Especial coidado cos nenos, anciáns e persoas con problemas de saúde que se poidan ver agravados coa calor: é recomendable beber litro e medio de auga ao día.

– Cómpre refrescarse varias veces ao día.

– Evitar saír nas horas de maior risco, entre as 11 e as 21 horas.

– Permanecer polo menos dúas ou tres horas ao día nun lugar fresco.

Como chega a masa de aire africano?

Debido ás condicións de estabilidade atmosférica en gran parte da península Ibérica e á forte insolación propia destas alturas do verán, a situación é propicia para que se produza a entrada dunha masa de aire cálido procedente do continente africano pola metade occidental peninsular, como se pode ver na imaxe.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.